Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Adeus a Tintxu

jueves, 27 de marzo de 2008
Antonte, foi soterrado na parroquia de Ramil de Castro de Rei, Agustín Díaz Blanco. Xornalista, era un acendido humanista, non só polos seus amplos estudios en socioloxía, filosofía, teoloxía..., tamén pola súa sensibilidade cara todo o humano. No mesmo día, no que este xornal, publicaba o seu artigo: “Pascua florida”, onde nos comunicaba con alborozo: “ábrese un calendario festivo que irá medrando ata o apoxeo de xullo e agosto: Galicia ponse de festa”. A derradeira vez, que falamos con vagar, foi no último Festival de Pardiñas. Sempre en camiño, cun corazón rebordando ledicia, e un sorriso que transmitía paz. Na mañá deste Venres Santo, as lembranzas e o sentimento anegaron a miña memoria; alá, ao fondo, escoitábanse os versos do Antonio Machado, da nosa mocidade, cantados coa voz desgarrada pola emoción, de Serrat: “A saeta”, “Cantares”: “Todo pasa e todo queda,/ pero o noso é pasar,/ pasar facendo camiños,/ camiños sobre o mar./Nunca perseguín a gloria./.../ Camiñante non hai camiño,/ faise o camiño ao andar...”. Sempre, paseniño, sen facer ruído, mesmo silenciando o seu nome, con pseudónimos: “Bieito Crecente”, no artigo dominical deste medio. Tintxu, en moitos outros. Poñendo por diante o seu traballo inxente en tantas publicacións: Encrucillada, Irimia, etc. Foi un mestre, captando o latexo de cada día, e transmitíndoo, nos telexornais, e nas súas análises puntuais sobre a actualidade. O mesmo título das súas colaboracións, suxiren o seu carácter: “Ruando”, sempre na busca de horizontes abertos, coa alforxa ateigada de vida, celebrando a beleza. Cunha humildade exemplar compartía a súa andadura con todas e todos, descubríndonos os segredos e tesouros de cada andadura. Unha das súas últimas reportaxes en El Progreso, foi o seu percorrido polos Camiños de Santiago. Pero, agora, no seu pasamento, sentimos a súa nova presenza, escoitamos os seus pasos decididos, na “Ruta do Azúmara”, que el nos marcara naquela colleita: “Camiñando por Lugo”. O río, cunha paz moi significativa, falounos do compañeiro de andanzas, mentres transitaba cara o Río Miño, que vai dar ao mar... Tintxu sempre refrescaba as camiñadas cos mananciais do seu fondo saber. Non reservaba nada para el, brindaba sempre coas provisións das súas viaxes. E afeito a avisar das subidas e das baixadas, coma lúcido guieiro, denunciaba con coraxe as aldraxes e as ignominias, que afectaban a Galiza e a calquera pobo ou persoa. Cada amencer agasallábanos co seu xornal particular, a través de internet, remarcando con música e cores, as luces e as sombras, do día que estaba a erguerse.
BLANCO TORRADO, ALFONSO
BLANCO TORRADO, ALFONSO


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Tranquimazín: As confrontacións políticas, loxicamente verbais, acadan a altura que a...
BUSCADOR


Rueda
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
AGENDA
Agenda de Galicia Digital Rueda
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información