Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Radio Maceda

viernes, 17 de abril de 2020
Cando estaba lendo na cama, un chisco antes de xantar, chamoume por teléfono ou meu amigo Xavier Oviedo para facerme unha pequena entrevista para a emisora de Radio Maceda, que está máis operativa que nunca para facerlle a vida un pouco máis Pingas de Orballo: Radio Macedaagradable a todos os veciños da contorna neste tempo tan crítico que estamos a vivir. A verdade é que me fixo ilusión, e non pola entrevista en si, que, a pobre, pilloume tan desprevido... Fíxome ilusión porque os recordos acumuláronseme tan axiña como vin e oín o nome de Radio Maceda. Foi o 24 de febreiro de 1992 cando lle mandei a esa emisora, por teléfono, a primeira crónica sobre Baños de Molgas. Fíxeno lendo, claro, pois os nervios facíanme tremer todo o corpo. Despois, pouco a pouco, o que se adoita dicir: a experiencia; a experiencia calmou eses nervios e collinlle gusto. Tanto lle collín que lle propuxen ós da emisora facer un programa cinematográfico. Gravei o primeiro programa de Fábrica de Soños (nunha casete, creo) o 3 de abril dese mesmo 1992, que se emitiría ós seis día, o día 9. Foi a partir de aí cando empezaba a miña colaboración semanal con esa radio á que lle quero un montón. Tamén os primeiros programas eran gravados, porque aquilo de que en directo, uff, xa eran palabras maiores. Pero o que dicía antes... que a experiencia pon a cada un no seu sitio. Empecei co directo e aí caín na conta de que era verdade o que dicían sobre a radio: que engancha. Vaia se engancha! Cada vez me gustaba máis. E o directo aínda máis. Estabas en tensión por aquilo dos erros. Pero é bonito, moi bonito.

Analizando o vivir
Suspiro porque recordo. Xemo porque me angustio. Asubío porque me alegro. Chouto porque non estou quieto. Bailo porque escoito música. Impo porque collo o frío. Todo pasa, todo ocorre. A nube branca avanza. A lúa vella sorrí e chíscame o ollo esquerdo. Moitas veces é complicado analizar a memoria que aniña na Pingas de Orballo: Radio Macedasubconsciencia. Os que temos conciencia. Porque hai moitos que non teñen ningún raciocinio. Pecho os ollos porque durmo ou porque penso, vexo, debuxo, imaxino ou soño mellor. A vida é un asunto moi serio, tanto no plan nocturno coma no diúrno, ou sexa, durmidos ou espertos. A vida pode ser un cero á esquerda coma unha barra de pantrigo. A vida é ese suspiro que lanzamos cando o guión nos leva polo camiño recto. Despois, sempre hai xente que di que chove onde hai sol, ou que hai sol onde non se ve un burro a tres pasos por culpa da néboa. Din que de todo hai na viña do Señor. Malnacidos tamén. E moitos. Patexo porque sigo o ritmo da música e moneo a cabeza para así soñar cun verme luceiro. Ese vagalume que me ensina o camiño para que evite a eses malnacidos que tan só saben poñer atrancos. Xemo neste momento dado, neste no que a noite asoma pola fiestra da esperanza. Asubío para afogar as penas e chouto do río para que non aprendan a nadar. Bailo para anunciar que ningún impo será quen de que freemos a esperanza dun mañá. Agora, con máis calma, analizo o vivir dun degoiro, dunha ilusión. Porque a vida é un suspiro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES