Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¿Pódese pasar? (22): A cuestión principal é diversifica-los ovos

martes, 14 de abril de 2020
Tantas cousas estaban ocorrendo naqueles vídeos que os da Fiscalía xa nin sabían cal seleccionar. Nun deles saíu, de fondo, unha muralla romana, cerca da que se detiveron aqueles ínclitos, entrando nun dos cafés inmediatos:
-...
-¿Que, que foi dese Concelleiro, do que foi contigo a Madrid?
-Deixeino quedar, por uns días, que ten un cuñado taxista, e aínda non se cansara de acanealo polos arredores; viven nun daqueles arrabaldes... ¿E por aquí, que tal?
-Estou esperándote porque vendeu Mabel, nestes días da túa ausencia, ¡oito pisos!, dos da nosa Promotora, mesmo sobre do plano, e non é prudente ingresar todo ese diñeiro nas contas do noso Churiz. Xa sabes o que din estes paisanos, que non convén poñe-los ovos xuntos, no mesmo cesto..., ¡por se hai tropezos! Daquela terás que firmar aperturas, aquí, na Capital, en dous Bancos, ou en tres...
-Aurelio, o que ti queiras, que diso entendes ti, a barullo. Pero do que sabes pouco é das miñas influencias en Madrid…; por certo, fuches un burro niso de face-los Informes para vinte Unidades, que ese Grupo Escolar mesmo mo daban de trinta; ¡de trinta, ou do que fose!
-¿E logo, sóbranlles os cartos?

-Pois..., mira ti, maldito se o sei, pero díxome o parente que fun na mellor das épocas, por culpa deses estudantes levantiscos, ¿sabes?, que aló arriba apetécelles poñer nos periódicos que funciona o Ministerio. Tan só lles hai que facer unha cesión de terreos municipais, xunto coa Certificación da Acta onde o Pleno aprobe iso, iso da cesión. Mira, non sei se cho estou explicando ao dereito, pero metín nesta carteira tódolos papeis que terás que amañar, que iso é cousa túa. Seguidamente, ¡canteiros á obra, xa neste ano! Na cantidade fuches curto, e iso que falaramos das trinta, ¿lémbraste?, pero o que é na ocorrencia..., ¡niso, nin que cho soprase o diabro!
Aurelio riuse, con aquela media risa súa, sardónica, de coello, sempre regañando o dente, entre anxelical e mefistotélica:
-¡Soproumo, si, que ademais da miña mestría, innata se supón, para iso dos Informes teño certo pauto..., secreto!
-¡Terás, ho, pero ándate con coidado, que che pode custa-la alma!
Litis denegou coa cabeza, reafirmándose:
-Manuel, iso do diabro era antes da guerra, que agora só temos, de inimigo malo, aos comunistas...; ¡e tamén aos Concelleiros do Tercio Familiar!
-¿Como? ¿Torcéuseche algún, estes días...? ¡Debinche deixa-la vara!
-¡Ata non sei se serían todos, que non quixeron firma-la última Acta; ningún! ¡Están hostís, e tan soliviantados que logo parecen mineiros!
-¿Iso? ¡Boh, daquela firmo eu, eu só, e ben chega!
A erudición do Litis, sempre a punto para as súas manipulacións:
-Si que o podes facer, conforme á Lei de Réxime Local, texto refundido do 24 de xuño do ano 1.955, pero, precisamente nesta ocasión, convíñanos que firmase algún deles, que puxen que se che asignan cartos para a túa viaxe a Madrid, a razón de quince días; ¿e sabes que me dixo un deses compadritos teus, dos da túa amizade, dos da túa confianza?
Manuel soltou unha buxatadas das súas:
-¡Que vou saber; teño moitas cousas ao meu favor, pero o que é pauto co demo, coma ti..., non, iso non; aínda non!
-Pois dixo que está conforme en que cóbre-los cartos..., ¡se presentas unha factura detallada, diso, dos bordeis e das bailarinas!
-¡Xa sei quen foi: é compadre meu, en efecto! Oes, ímolo ter que botar á rúa, por reincidente, que daquela da outra viaxe, supoño que coa envexa, andou contando o que non debía, o que ningún home refire..., pola honra das súas mulleres!
-Coido que desta vez a cousa saíu da parte de dentro. Ese Ramonciño é un lixeiro da lingua, pero destas as miñas sospeitas andan tras do Xaquín, que lle pillei certos indicios, e logo que se está arrimando excesivamente aos Concelleiros electivos. Non quero tirar desa manta ata collelo nunha das gordas, pero xa se me ocorrerá algunha maneira de trincalo; ¡conta con iso!
Manuel dáballes aos beizos sen parar, coma se estivese remoendo papas, un tic característico nel nos momentos de ansiedade:

-Non sei, non sei; algo teremos que facer, que en Madrid, a carne, a boa, subiu, que che hai por alí uns americanos que veñen ao filete das nosas bailarinas..., ¡agora que se lles fodeu a fodianga de Cuba!Chacho, ¡que cousas, que coxas; duras coma..., coma xamóns, de ben curados! Para a próxima lévote comigo, que hai para todos, ¡americanos incluídos, incluídos eses do Torrejón!
Aurelio resumiu:
-Manuel, deixa iso das dietas nas miñas mans, que son máis suaves cás túas..., para certos asuntos! Agora, mañá mesmo, vou convocar un Pleno, con tódalas da Lei! E ti, de momento, non digas que conseguíche-lo Grupo Escolar. Cando te presente, na próxima sesión, mesmo coma un Cid, e cando descorchemos unhas cantas botellas, daquela verás como che firman, ¡así sexa no sombreiro!
A tal momento quitóuselle a preocupación, nun sopro, como sempre que Aurelio paría novas ideas, novas transgresións ou novas solucións.
-¡É-lo demo; ti, con pauto ou sen pauto, es o mesmísimo diaño!
Aurelio, que sempre adubaba aquelas ensaladas cunhas pingas de vinagre e moito azucre, ¡de pico!
-¡Non o sabes ben, querido socio!
Pero Manuel tomoullo a broma:
-¡Chacho, sen propasarte, que no Concello non somos socios, que sigo a se-lo Alcalde..., mentres non me traballes ao Gobernador!
-Manuel, entre nos: Alí tamén somos socios, e ben que che vai nesta sociedade!
Veulle outro decaemento, unha depre desas que lle entreveraban a felicidade:
-Secretario, o malo é se veñen eses comunistas, que daquela a ver para onde escapo. ¡Aló en Madrid teñen medo deles, moitísimo; máis medo que vergoña, que cho digo eu!
-Peor será se che falto, querido Manuel, así que trátame segundo che convén, quere dicirse, do mellor, que a túa vara, a verdadeira, o teu apoio real, agora e despois, ben sabes que son eu: ¡amigo, socio e secretario, unha trindade perfecta!
O Patrón atreveuse a regatearlle, ¡por esta vez!
-Pois ti tampouco perdes comigo; ¿ou si?
-Manuel, déixate das cousas miúdas e apura ese whisky, que temos traballo, a lot of!
-Pero se aínda estou baixando do tren, despois de quince días dunhas xestións intensas...; ¡a tres diarios, que nin de mozo!

-¡Intensas, non, pero cameiras supoño que si, que comigo non che valen os farois! ¿Que, que tal viaxaches?
-¡De primeira, chacho, que ata trouxen comigo, no coche-cama, unha corista daquelas, unha que é de Ponferrada! Inviteina a vir de vacacións, así que, meu Aurelio, ¡todo che son gastos!
-¿Igual coincides, con ela, outra vez, cando volvas a Madrid?
-¿Como que cando volva; a que? ¡Non, ho, que xa estivo ben; deixarei descansar ao meu parente, ao Valcarce, unha tempada!
-Manuel, iso non poderá ser, que terás que baila-la peza enteira. Traio aquí, neste portafolios, a escritura dun piso que puxemos a nome do teu conseguidor, do teu parente, e desde que celebremos ese Pleno, volverás a Madrid..., ¡para que che firme a aceptación dunha doazón!
-¿Que dis? ¡Iso tamén se fai por Correos; por parte, está a miña Mabel, que igual se cela se fago tantas viaxes!
-Mabel é comprensiva, e quere os teus triunfos; ¡os triunfos e mailos trunfos! Estoutra viaxe terá de pretexto levar a escritura desa doazón, que así ven os Concelleiros que pagas, do propio peto, os favores que lle fixeron ao teu Municipio! Do que realmente se trata é de que nese Ministerio nos adxudiquen tódalas obras; as obras e maila moblaxe dese Grupo Escolar; á UrbanizadoraChuriz, á nosa, que desa maneira todo para, todo queda, na propia familia, ¡sen escorras! ¿Enténde-la manobra?
-¡Na familia, si, ho, que é bo descorrer do diaño! ¿Pero, non será moito compango regalarlle un piso ao meu primo, aoConseguidor, tan caros que llos poñemos ao público?
-Modérate, Manuel, que iso é unha obriga tradicional, paga-los diezmos e mailas primicias á Igrexa de Deus; ¡neste caso, aos intercesores dos milagres!
-¿Á Igrexa de Deus, coas nosas trapisondas, enganando, de paso, ao Párroco? ¡Máis parece que tratásemos coa capela do diabo!
Deulle unha palmadiña no ombro, serenando nel, que xa ía pola enésima depre:
-Tranquilo, Manolón, que se fixese falla ir ao inferno, daquela sacareite eu, en liberdade, inmediatamente, que para algo son Avogado!
-Créocho, que es capaz diso; ¡diso, e de máis!
Fóronse do café máis felices que dous lobos rodeados dun cento de ovellas; ¡dun cento de ovellas sen pastores, sen oposición, sen criterio...; absolutamente medievais!

Na Fiscalía entresacaron un vídeo no que volvía a verse a muralla de Lugo, pero esta vez da parte dos cubos, da de fóra:
-...
-Quixera falar co Comisario Xefe, co da Social. ¡Son da familia..., Garda de Franco!
-...
-Pois si que temos a ficha dese Elemento. ¡Imos ver que pon! ... Hai constancia dun delito común; e xa está posta a indicación de falar comigo se cae nalgunha redada, que este é un tío dos da miña reserva; ¡reserva especial!
-¿Que delito; é común, realmente común; está probado, de cando?
O Comisario explicouse detidamente, que por algo estaba falando cun interlocutor afín, cun franquista acreditado:
-Non, non se chegou a probar, que por algo está libre; libre pero vixiado; ¡de cerca! Segundo esta nota, tres individuos apropiáronse dun coche que estaba aparcado aí mesmo, na Praza de España. O denunciante declarou que lle fixeron ao seu vehículo un número tal de quilómetros que coincide coa distancia de ir a Chantada e volver; e como, casualmente, naquela data eran as festas locais, tradicionais, contactouse coa Garda Civil, e confirmaron que, efectivamente, viran ese coche, no día de autos, no que se foron de alí, da festa, tres individuos de mala catadura, ¡con aparencia etílica!
-¿Aínda non os detiveron; por que? ¡Son contaminantes...; moito!
-Non se pode facer, Secretario, que se a Garda Civil detivese a tódolos borrachos, daquela había que pecha-la metade dos negocios deste país. Pero agarda, que vexo máis datos noutra ficha, nesta, que é a reservada, a miña, a confidencial. Aquí pon que... Confiando na túa discreción, por suposto, voucha ler, textualmente:
DetidounFulano, aliasTal, etcétera, conocasióndasprotestasdunConvenioquehoubonaEmpresa Z. Habilmenteinterrogado, declarouque, efectivamente, elíanovehículoarribaindicado, peroquequensepresentouconducindopararecollelo, e dicindoqueomercaraporaquelesdías, foiestoutrocompañeiro, unquenonpuidoserhabido, quecandoseefectuaronaspescudaspertinentesxa selargaraparaSuíza. AsímesmodeclarouqueoTerceiro, nisodovehículo, foioAuxiliardoConcellodeChuriz, eque, efectivamente, críaqueoTaleraunelementocomunista, xaquelletendadoinstruciónseconsignas diversas,maiormente sobrecomopreparare/ouprovoca-losparoslaborais...

Non sigo, que isto de aquí abaixo son máis ben repreguntas, hábiles por suposto, pero de contraste físico, con elementos nobres, séxase, coiro ou madeira... ¿Entendes?
Aurelio atopárase cun filón enorme, mena pura; e sentíase feliz, así que lle deu unha aperta ao Comisario.
-Non hai dúbidas: ese cretino é o meu revoltoso. Un imbécil capaz de sublevar todo un Municipio..., ¡e para máis gravidade, desde dentro da propia Consistorial!
-Sendo así, ¿formulas acusacións concretas? -Mais que preguntarlle, o Comisario propúxollo.
-De momento, non, pero pídoche que o fagas seguir; enténdese, cando veña por aquí, pola Capital. Acostuma subir nos coches da Liña, así que dáme un número destes, dos teus teléfonos, dos directos, dos confidenciais, para avisarvos cada vez que..., que se ausente! Desde logo, conta coa miña colaboración, que che axudarei a localiza-la súa camada, que este lobo non merodea só; ¡dígocho eu! ¡Ah, e procúrate unhas fotos con calquera deses sospeitosos, dos que se lle arriman..., para pilla-la banda enteira, ao completo!
-Neste caso, espera, agarda un intre, que che vou ensina-los ficheiros comunistoides, por se tes visto algún merodeador destes..., no teu Churiz!
Despois dunha minuciosa manipulación, mirando e remirando as fotos daqueles supostos sospeitosos:
-Non estou seguro; sen embargo, case xuraría que este...; si, este, o mesmo, que o vin recentemente, na propia Vila. ¿Podo levar unha copia; deste, si, deste..., para que non se me esqueza a súa faciana?
-Ben, si; podes; ¡pero quedamos no falado, que a nichela hai que arrincala pronto, na primavera, antes de que grane!
-¡Naturalmente! Eu non sería o patriota que son se deixase medrar tales enxendros; e no meu Distrito..., ¡nunca, nunca dos xamais!.

(…)
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES