Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Supermán

viernes, 10 de abril de 2020
É domingo e quero voar coma Supermán. Pero estou gordo e non consigo nin tan sequera pegar un pequeno chouto. Estou gordo e case non teño intelixencia. Teño que pensar moito como facer para saltar. Sei que se estivera nunha azotea ó mellor desde alí si podía probar a voar. Coma Supermán. Gústame Supermán. Quero voar coma Supermán. Estou gordo, non teño intelixencia e tampouco sei asubiar. Se soubera asubiar, máis seguro que lle asubiase a Supermán para que me levase a dar unha volta. Que bonito sería ver todo un país desde as alturas. Nunca saín de Pingas de Orballo: SupermánBaños de Molgas. Pois vale, chegaríame con ver a miña vila desde uns cincocentos metros de altura, por exemplo. Que bonito sería! Estou gordo, non teño intelixencia, non sei asubiar e son feo coma o demo. Por iso ninguén me quere. Ninguén suspira ou salouca por min. Eu... que quixen tanto e tanto quero. O Supermán é guapo. Moi guapo e moi ben feito. Quero ser coma Supermán e quero voar coma Supermán. Se fora guapo e voase coma Supermán, todos se volverían tolos por min. Estou gordo, non teño intelixencia, non sei asubiar, son feo e quedo de pasmón sentado á beira dun amieiro para intentar ver a esa troita que corre polo río Arnoia abaixo todos os días do ano. Quero botarme a chorar, pero noto así coma un aire frío que me fai erguer a mirada e aí está... Supermán aterrando á miña beira. E lánzame un ola cun enorme sorriso nos beizos. E cólleme no seu colo para ensinarme Baños de Molgas. Agora si que choro. Coa emoción. De felicidade. Quero a Supermán!

Cambios

Teño frío nas mans porque vai frío. O tempo cambiou. Na vida cambian moitas cousas. Cambia, por exemplo, un tema musical de jazz a outro de blues. Cambian os políticos e cambian os Pingas de Orballo: Supermánadestradores deportivos. Cambia a eiruga para converterse en bolboreta. Cambian os sentimentos; do amor axiña pasamos ó odio. Cambian os leitos dos ríos cando manipulamos nestes. Cambia a froita de verde a madura. O domingo pasado cambiou a hora. Ata o propio tempo cambia; hai o tempo absoluto, o tempo compartido, o tempo composto, o tempo de paixón, o tempo de fortuna, o tempo xeolóxico, o tempo inmemorial, o tempo medio, o tempo morto, o tempo pascual, o tempo relativo, o tempo verdadeiro, o tempo simple e os tempos heroicos. Todo cambia. Cambia o cuco o lugar da súa crianza. Cambia un resultado deportivo e os berros dunha afección. Cambia o ronsel dun avión e as agullas das vías do ferrocarril. Hai xente que cambia os reloxos dun pulso para o outro. Por veces cambiamos o chiscar de ollos; tan ben o facemos co esquerdo coma co dereito. Cambian de golpe as conversas; do ruxerruxe axiña nos plantamos no silencio. Ou ó revés. Cambia o ritmo dunha canción pola marcha dun atleta. Cambia o sexo cando se excita. Cambian as fases da lúa cada oito días. Oxalá cambiaran as guerras pola paz, a miseria pola fartura, a felicidade polo medo. Cambios sempre haberá. Tenos que haber. Porque o tempo pasa e todo cambia. Ata cambiou este relato; do principio chegou á súa fin.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES