Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quédanos Portugal

jueves, 20 de marzo de 2008
Nestas festas, coma sempre, Portugal, destino preferido por milleiros de galegos para ir ó extranxeiro sen sair de Galicia.

A Raia foi a primeira fronteira da nosa vida traspasada en época pretérica, quizais cando por un ano nos gañaron na conquista da liberdade. Eles, por unha revolución sen sangue; nós, por evolución natural.

Desde aquela, Portugal e Galicia son países irmáns, unidos polo Miño que nunca foi separación. E agora, que non hai fronteira, que unha autovía case non permite ver onde remata un territorio e comeza outro, onde o idioma e a cultura son parellos e a xente parece galega, non é extraño que este norte do Portugal nos chame e entremos nel coma na casa.

Quédanos, nestas festas, toda Galicia. Pero tamén nos queda Portugal, que está moi perto en todos os sentidos.

Invadiremos Portugal durante este triduo solemne, ó que o calendario festivo lle ten engadido a festa de San Xosé.

Unha vez máis comprobaremos que non hai fronteiras. Que se algunha vez as houbo, derrubounas o turismo, a civilización, a cultura, o novo século. Mellor para todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES