Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A brecha tecnolóxica en Galicia

viernes, 20 de marzo de 2020
A enorme demanda de medios telemáticos, para manter a normalidade no día a día das familias durante o illamento polo Estado de Alarma, puxo en evidencia a Brecha Dixital en Galicia, segundo o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións (COETTGA).

O Decano do COETTGA, José M. Martínez, afirma que "este aumento na demanda de medios telemáticos e de telecomunicacións constatou a significativa Brecha Tecnolóxica, que penaliza as zonas do rural, e que veciños e institucións levan denunciando durante os últimos tempos". E engade o Decano, "a pesar de que houbo un grande avance en moitas zonas, ainda quedan moitos puntos escuros no rural galego".

De non ser polos sistemas de telecomunicacións e as novas tecnoloxías sería impensable continuar coa vida normal e o país paralizaríase por completo o que suporía un número inxente de empregados ao paro e a imposibilidade de continuar coa formación educativa a distancia.

Teletraballo.

Hai empresas que xa aplicaban o teletraballo dende moito antes de esta situación. David Saavedra, Enxeñeiro Técnico de Telecomunicacións teletraballa para Panel Sistemas dende o rural lucense. Realiza operacións a nivel mundial e comenta a súa boa experiencia: “Levo 7 anos teletraballando, dos cales, case 5 son dende o rural galego. Hoxe en día con sistemas coma Wimax ou 4G xa se pode traballar sen problema nas zonas rurais, incluso algunhas xa teñen acceso a fibra ou sistemas de ADSL de boa calidade. A miña empresa, gracias a que permite o teletraballo en gran medida a case todo o mundo, dende fai máis dunha semana puido evitar contaxios na súa plantilla, xa que promove o traballo dende casa a preto do 80% dos traballadores. Grazas a ter unha boa planificación, estamos traballando con normalidade, incluso máis que en semanas pasadas”.

Brecha tecnolóxica.

Existe a cara B desta crise: a brecha dixital. Segundo datos do Ministerio de Economía, máis de 3,2 millóns de habitantes teñen unha conexión a Internet deficiente cunha velocidade menor a 10MB. A situación é ainda máis grave para preto de 1 millón de persoas cun ancho de banda que non chega aos 2MB.Familias, vilas enteiras, que non teñen acceso a Internet.

A brecha tecnolóxica é unha batalla constante dos Graduados e Enxeiros Técnicos de Telecomunicacións. Probablemente, nestes días de illamento social que estamos a vivir, é mais importante ca nunca estar conectados cos nosos seres queridos, axudar a sobrelevar a incertidume desta situación descoñecida para a sociedade. Falar, comunicarse, socializar sen ter contacto físico... algo imposible sen as telecomunicacións.

Diariamente son moitas as familias con nenos que non teñen un acceso ou conexión á rede,xa sexa por un panorama telemático deficiente ou por carecer de recursos económicos. Para eles é impensable poder seguir as clases virtuais das escolas ou universidades.

Esta situación lévanos a plantexar algunhas cuestións como a necesidade dunha tarifa social ou de pechar as brechas tecnolóxicas que existen na poboación."A principal brecha rural que hai agora é a lexislación. Porque vai moi por detrás da tecnoloxía. Hai 50 anos, a electricidade chegou á última casa costase o que costase, porque así se lexislou; pero agora, iso non se está facendo."afirma Xosé M. Blécua, Alcalde de San Xoán de Río e vocal do COETTGA. Ao que engade "Agora mesmo, por lei, o único que se obliga é a ter telefonía fixa por cable e velocidade de 1MB por segundo. Todos sabemos que a fixa esta desaparecendo. E unha conexión decente son de 30MB."

Blécua conclúe dicindo que"Sempre quedan sen avances os habitantes do rural. O 5G no rural non o imos ver mentres non se lexisle, porque non sae rentable. No noso Concello temos 59 núcleos de poboación, dos que só 1 supera os 30MB."

Segundo Dividendo Dixital

O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital suspendeu este fin de semana, e ata que se dén as condición axeitadas, as actuacións de cambios directos de canles radioeléctricos dentro do procedemento de liberalización do Segundo Dividendo Dixital, despois da publicación do Real Decreto 463/2020. As provincias de Ourense e Pontevedra estaban inmersas no proceso de liberalización da banda de 700MHz, coñecido como Segundo Dividendo Dixital, para que poida ser utilizado para tecnoloxías de Banda Ancha Móbil. "O Segundo Dividendo Dixital queda suspendido, o que seguramente retrasará a implementación de 5G nestas zonas, afectando a case unmillón e medio de persoas, que precisamente viven nalgunhas das comarcas máis desfavorecidas", explica Martínez.
Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación de Galicia (COETTGA)
Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación de Galicia (COETTGA)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES