Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Xesús Alonso Montero

jueves, 19 de marzo de 2020
(Soneto na entrega do Premio San Martiño de A Estrada o 2 de decembro do 2000, e cun merecido estrambote do 2 de marzo do 2020 co gallo de lle
poñer o seu nome, o día 3, a unha aula do prestixioso Colexio de O Foxo,
nunha homenaxe máis).

Eximio catedrático é escaseza,
aínda que o é, mais profesor. É noso
mestre entregado, sabio, rigoroso,
que no ensino atopou súa natureza,

A súa oratoria, cima da beleza,
unida coa verdade, fai gozoso
escoita-lo seu verbo, valoroso,
a prol do pobo, sempre e con firmeza.

A maravilla de crear el tena,
saia senón Pedro Petouto á escena
ou os seus versos medievais á liza.

Valor da Lingua e Letras tan senlleiro,
é vital, ten humor, é falangueiro;
serio sempre ó loitar contra a inxustiza.

El sempre patentiza,
ano tras ano, a súa gran valía.
De aí que este estrambote merecía.


Os Tilos, 2/Marzo/2020
Fernández Abella, Xoán Xosé
Fernández Abella, Xoán Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES