Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Segundo día de encerro

jueves, 19 de marzo de 2020
Segundo día de encerro. Pero hai que empezar a deixar o asunto do coronavirus un pouco de lado. Si, porque aínda han de nacer moitas herbas, ou sexa, que isto vai para tempo. Podemos falar do xílgaro que canta todas as mañás ó romper o día, ou do Pingas de Orballo: Segundo día de encerrosapoconcho que camiña lentamente por todo o longo dun rego da leira de millo do Asdrúbal, O Alucinado. Cando chega ó final do rego, e non sabendo que facer, dá a volta e desanda o camiño andado. Tamén moi lentamente. Xa sabemos que as tartarugas son lentas. Podemos deixar que Duke Ellington nos acompañe un chisco nesta noite de silencio. A ver, hai que recoñecer que nestes encerros o que máis impresiona é o silencio. O barullo das rúas desapareceu case por completo. Quen non desaparece é a música. Esta está sempre ás duras e ás maduras. Coa lectura, ás veces, cansas. Coa música nunca. Emporiso, eu, levo ben o dos encerros: teño os meus libros, a miña cama, a miña música, o meu ordenador e as miñas películas nocturnas. Iso si, boto moito de menos os cafeciños no bar. Non adoito tomar café na casa. Pero podo soñar con que estou tomando un café en tal bar e outro café noutro bar. Estou só no bar, non hai ninguén, nin tan sequera un camareiro; sírvome eu só. Que rico está, por Deus! Soñar é bonito. E moito máis nestes tempos de adversidade. Segundo día de encerro e a vida segue. Que remedio. Tamén segue pasando o tempo para que me instale ante a televisión a ver dúas películas. Mañá non hai que madrugar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES