Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O papel das Telecomunicacións para cumprir co illamento durante o Estado de Alarma

jueves, 19 de marzo de 2020
O Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia (COETTGA) salienta a importancia dos telecos durante o illamento polo COVID-19. "A conectividade que prestan as Telecomunicacións é tan importante como a electricidade, o gas ou auga corrente, posto que a información xa adquiriu o rango de servizo básico", afirma o Decano do COETTGA, José M. Martínez.

Durante esta última semana as compras de dispositivos portátiles, ordenadores, móbiles ou taboletas disparáronse, aumentando ata un 35%. Igualmente, incrementáronse exponencialmente as descargas ou adquisicións de programas de software de escritorio remoto como o popular Time Viewer ou semellantes ofrecidos por Google, Microsoft ou Oracle. Skype cuadruplicou as súas descargas.

O TELETRABALLO

As Telecomunicacións e o teletraballo están contribuíndo enormemente a frear a sangría do desemprego, e por conseguinte a que a o sistema económico global non quebre.

"De non ser polos Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións e todo o traballo, avances e investigacións que levamos feitonas últimas décadas, as consecuencias desta pandemia global, xaterían provocado unha catastrófica ruptura económica a nivel mundial e dos sistemas tal e como os coñecemos" - di Martínez. Ao que engade "todo isto ten unha importante lectura positiva na nosa Comunidade Autónoma, xa que nos empurra (ainda que teña que ser desta maneira) a implementar e integrar novas formas de traballo moito máis eficientes e competitivas nas empresas, que unha vez superado este Estado de Alerta, deberíamos seguir empregando".

Máis de 150.000 persoas sufriron a oleada de Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) nos primeiros días do illamento polo COVID-19. De non ser pola opción laboral telemática serían moitos máis. No mellor dos casos, vacacións forzosas, no peor, centos de milleiros de empregados ao paro, co conseguinte impacto socioeconómico.

PYMES ou autómonos non requiren de máis adaptación que o aumento do ancho de banda que tamén rexistrou un importante aumento. Así como as VPN (rede privada virtual) que demandan cada vez máis empresas para potenciar a ciberseguridade nun entorno de traballo completamente dixital.

CIBERSEGURIDADE

O uso destas redes privadas consiste en crear unha pasarela ou túnel pola que a información transita cifrada dende o equipo do usuario ata o servidor da empresa. Por iso mesmo, no tocante a ciberseguridade, as empresas están a extremar as precaucións solicitando medidas adicionais como o recoñecemento biométrico ou patróns de conducta que estudia a intelixencia artificial.

Neste senso, a importancia do Big Data e Intelixencia Artificial (AI) ou o Internet das Cousas (ioT) demostran a capacidade das novas tecnoloxías para favorecer e facer posible a detección precoz das alertas, o intercambio de datos, o análise da evolución da enfermidade… a mellora da resposta sanitaria e incluso o desenrolo de vacinas e menciñas.
Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación de Galicia (COETTGA)
Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación de Galicia (COETTGA)


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES