Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un pobo de luz representado por sombras

miércoles, 25 de marzo de 2020
Somos un pobo de luz representado por sombras. Entre as luces toda a xente que se ergue na máis fonda adversidade. Un pobo que quere sentirse preto e fai soar o aplauso como unha aperta, hoxe imposible. Estou seguro do que vou dicir e non lle teño medo á contundencia: este pobo é invencible. Ten luz, azos, forza, solidariedade, ética...

…Só lle falta ser representado na súa máis alta Institución por alguén capaz de espellarse plenamente no pobo. Só así a concordia faise realidade…

Non esquezamos que somos grandes, capaces de erguernos solidariamente da adversidade. Somos un exemplo, si. Temos a seguridade de que imos saír desto, si pero tamén de non deberlle nada a Zarzuela.

Hoxe mércores 18 de marzo ás 12 do mediodía soaron pitos e cazolas. Hoxe mércores 18 de marzo ás 20:00 soarán aplausos do pobo para o pobo…
…que a luz do pobo non nos cegue a memoria… porque, se a solidariedade nos cura, a memoria previranos de repetir erros.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES