Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Administradores somos

jueves, 19 de marzo de 2020
Existe unha minoría de persoas que viven de administrar os seus bens.
Son persoas que tiveron a sorte de que os seus ascendentes acumularan moitos bens materiais e eles viven de rendas.
Pero a inmensa maioría dos mortais vivimos do que traballamos e xa estamos satisfeitos con que non nos falte o pan de cada día.

Sexa cal sexa a nosa fortuna económica; todos somos administradores do pouco ou do moito que teñamos.
Administrar os bens económicos ten o seu mérito, porque todos coñecemos persoas que –grazas á boa administración- chegaron a algo partindo da nada.
Niguén pon en dúbida que saber administrarse é boa cousa.
Pero cado falamos da boa administración, non soamente nos referimos ós ben materiais.
Hai outros bens de maior valor aínda que os materiais: os intelectuais, os emocionais e os espirituais.

Cada persoa ten a súa capacidad intelectual que non pode cambiar; o que si pode facer é aproveitala máis ou menos.
Aí temos as persoas que lle sacan partido ós estudios que son un exemplo de bos administradores.
Son persoas que ademais de capacidade intelectual, teñen intelixencia emocinal: saben administrar os seus recursos e convertilos en patrimonio cultural e social que logo poden compartir.

Saber compartir o bo que temos é unha riqueza, unha gracia que moitas persoas teñen e COMPARTINDO:
Crean fraternidade entre as persoas coas que contactan.

Se queremos ser bos administradores das nosas vidas, todos temos moito que compartir:
-Compartir os bens materiais non está nada mal; incluso é aconsellable sempre e cando non se vai tocando a trompeta para que todos o saiban.
-Compartir coñecementos ensinando ó que non sabe tamén ten moito mérito.
Cando compartimos coñecementos encendemos unha luceciña na mente das persoa receptora e podemos axudarlle a mellorar a súa calidade de vida.
-Tamén podemos compartir tempo.

O tempo dáo Deus de balde pero actualmente é un ben moi escaso e moi prezado
COMPARTIR TEMPO COA FAMILIA é un deber que os bos administradores sacan de onde sexa con tal que os membros da familia se sintan queridos e apoiados.

COMPARTIR TEMPO COAS AMISTADES é un bo regalo que facemos, RECIPROCAMENTE, ó tempo que as cultivamos e fortalecemos.

Xa din alí que as amistades son a familia que eliximos.
Hai que coidalas moito: aínda diría máis: “hai que mimalas”

QUEN TEN AMIGO TEN UN TESOURO E QUEN TEN AMIGOS É RICO.

COMPARTIR TEMPO CON PERSOAS NECESITADAS ou con persoas enfermas ten un valor incalculable: non en prezo.
As persoas enfermas vense privadas de moitísimas cousas debido a que a súa doenza as invalida para defenderse por si soas.

Cando axudamos a una persoa enferma, esta atopa en nós:
-Alguén en quen confiar.
-Alguén con quen pode charlar.
-Alguén que lle trae noticias do exterior.
-Alguén que lle fai compañía.
-Alguén que lle fai un recado.
-Alguén que a pode acompañar ó médico.
-Alguén que lle dá ganas de vivir.

DAR GANAS DE VIVIR É UN REGALO DE EXTRAORDINARIO VALOR PORQUE: O ABURRIMENTO ” MATA”.

Administrar ben as nosas vidas é a mellor empresa que podemos ter.
SE ADMINISTRAMOS BEN OS NOSOS TALENTOS POLO CAMIÑO DA VIDA IMOS CREANDO ESE MUNDO CO QUE TODOS SOÑAMOS.

A carreira de “ADMINISTRADORES DA PROPIA VIDA” non se estudia en ningunha da universidades do mundo, nin siquiera nas máis prestixiosas.
Esa carreira sae da alma das persoas nas que habita comodamente o Espírito Divino: o Espírito Santo que chamamos os crentes católicos.
O Espírito Santo anda entre nós, está dentro de nós: só temos que escoitalo e deixarnos guiar.

“ESCOITAR A VOZ DO ESPÍRITO ”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas polo ben que administra os seus talentos.

E moitas grazas por compartir comigo un pouco do seu valioso tempo e por terme na súa consideración nesta ocasión.
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES