Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A xuventude pode e debe

jueves, 12 de marzo de 2020
Que a pirámide social se está invertindo a pasos axigantados, sabémolo todos.

Fai oitenta anos había moita xente nova e a poboación medraba; pero na actualmente os nacementos escasean e a poboación global medra; pero unha boa parte de España xa lle chaman “a España baleirada”

En Galicia pasa outro tanto do mesmo: nas capitais a poboación vai medrando coa inmigración; pero no medio rural decrece.

NON SE PODE DICIR QUE TEÑAMOS MOITA XUVENTUDE; PERO A QUE TEMOS TEN MOITA VALÍA.

Ten moita valía porque recibe unha boa formación académica, acorde cos tempos que lle toca vivir.

HOXE EN DÍA A NOSA XUVENTUDE:

-Toda ten estudios obrigatorios, afortunadamente.
-Unha parte coñece varios idomas, que hoxe en día co turismo xa fan falta para traballar na hostelería e en servizos varios; sobre todo en zonas turísticas.
-Outra ten acceso a unha formación profesional cualificada que a capacita para traballos administrativos ou en diferentes oficios.
-E moita ten acceso a unha formación universitaria; e desta, aínda hai moitas persoas con varias carreiras nas diferentes especialidades
-E TODA, excepto se está enferma, GOZA DE MOITA ENERXÍA, TEN MOITA VITALIDADE, TEN TODA A VIDA POR DIANTE, E DÁLLE TEMPO A FACER MOITAS COUSAS…

A nosa xuventude ten moitas posibilidades, moitas máis das que tivemos a xeración anterior e moitísimas máis que os nosos avós.

A NOSA XUVENTUDE PODE, DEBE E VAI TER QUE DAR UN XIRO IMPORTANTE Ó RITMO DE VIDA PORQUE:

-O mundo actual está collendo outros camiños.
-As novas tecnoloxías son a revolución do momento.
-Algúns recursos naturais estanse esgotando.
-Precísanse novas alternativas.
-E a familia debe seguir sendo a célula fundamental da sociedade.

A VERDADE É QUE NON LLES VAI FALTAR QUE FACER.
Aínda máis: non se van poder dormir.

-Os que se queden na agricultura e na gandeiría, van ter que agruparse para sacar os seus productos e xa vemos como se están movilizando na actualidade porque, neste mundo globalizado, hai moita, moitísima competencia.
Moitos xa se están inclinado polos productos ecolóxicos que, sendo algo máis caros, son os mellores.

-Outros terán que recuperar os oficios de toda a vida que, por certo, están escaseando.

-Outros optarán pola vida consagrada porque “a mies é moi abundante e os obreiros escasean”; aínda así non o teñen nada doado porque vivimos nun mundo moi materializado; pero a súa misión ten moita importancia na vida das persoas.
-Outros optarán á diversas profesións de alto nivel de cualificación porque precisamos moi bos profesionais no ensino, na medicina, nos servizos sociais e no clero.
-A maioría traballarán na empresa privada.
-Moitos terán que optar por facerse emprendedores autónomos.
-Unha minoría farase funcionario do Estado porque o Estado necesita os seus empregados para prestar os servizos públicos imprencindibles para o bo funcionamento dun país.
-Algúns inclinaranse pola vida política que tamén debe ser moi difícil facelo medianamente ben nos tempos que corren.

E, ANTE TODO, TERÁN QUE ATENDER OS DEBERES PROPIOS DA FAMILIA.
A FAMILIA é moi importante pero tamén esixe moitísima entrega porque NELA NACEMOS, NELA DESENROLAMOS A NOSA VIDA MÁIS ÍNTIMA E NELA MORREMOS.

A nosa xuventude debe e pode enfrontarse a grandes retos para que o mundo siga evolucionando sen esquecer os valores humanos.

OS VALORES HUMANOS NON SE PODEN DESCOIDAR; PORQUE SE O MUNDO SE DESHUMANIZARA, XA TERÍAMOS A BATALLA PERDIDA.

Evolución e progreso, si; pero humanizado, porque o ser humano é o rei da Creación e ten que saber administrala.

“ADMINISTRADORES SOMOS”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas a esa xuventude nosa que se prepara con entusiasmo para un futuro moi prometedor.

E moitas grazas a vostede por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES