Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 11 de marzo de 2020
Inmensa alegría ó velo!

Algunha vez eu, e imaxino que uns cantos, cando vemos a alguén ó lonxe que non nos cae moi así, ou ben baixamos a vista ou ben torcemos de beirarrúa para non ter que saudar. E iso que son dos que digo que un saúdo non se lle nega a ninguén. Pero, é certo, hai veces que non apetece, que non te queres parar porque andas con présa. O Pingas de Orballooutro día levaba algo de présa, máis cando vin con quen estaba a punto de cruzarme no centro de Ourense, alegreime de tal maneira que non me importou o determe a saudalo. Ata non sei se non sería el o que me viu primeiro, porque notei como xa apartara o seu brazo dereito para darme a chocar a súa man. E vaia se lla choquei! Xa digo, inmensa alegría ó velo! Non digo o seu nome porque sei que non lle gusta saír nos papeis. É do Viñal, en Baños de Molgas, e deume clases de literatura nos Milagres. Un dos mellores profesores de literatura que tiven. Lembro que unha vez deixou ó noso albedrío o de facer dous traballos literarios. Un fíxeno sobre Galdós (que se me quedou con el) e o outro versaba sobre os nomes de aparellos, lugares, leiras e vacas; conxuntándoo con outro sobre os “pecados”, insultos ou ofensas máis comúns. Sobre este das aldraxes non me matei moito; chegou con me poñer ante unha mesa de catro xogando ás cartas e aí rebenta sempre o mundo pola boca. Despois tivemos que ler algo na clase e eu soltei unha das frases que anotara e que fixo partir de risa a toda a clase. Non procede poñela aquí. Síntoo. Cada vez que vexo ou penso neste profesor, vénseme á cabeza eses dous traballos e a súa forma de ensinar.

Coma se fosen un bo exemplo

É noite. Estou escoitando a Joan Manuel Serrat cun tema de Mario Benedetti. Atopeime cun apunte que tiña nun peto do pantalón (cando leo os xornais adoito anotar aquilo de interese nos paniños de papel das cafetarías) sobre a nova de que o Xulgado Penal número 26 de Madrid absolveu a Willy Toledo do delito de ofensa ós sentimentos Pingas de Orballorelixiosos, aínda que, iso si, a sentenza recoñece “a falta de educación, o mal gusto e a linguaxe ordinaria”. E baixo a voz do Paquiño Sinatra rechíame o de “linguaxe ordinaria”. Porque o termo linguaxe mándanos ó sistema de comunicación, neste caso, oral rexido pola palabra. E Willy Toledo usara palabras que asoman todas elas no dicionario da Real Academia Española. Se esas palabras están nun dicionario oficial, enténdese que son para usalas. Como as que está usando agora mesmo Louis Armstrong, aínda que sexa en inglés. Por certo, a música deste home cálmame os nervios. Porque tamén me puxo moi nervioso o da falta de educación e o mal gusto en plan relixioso-católico. Coma se a relixión e o catolicismo fosen un bo exemplo en cuestión deses termos. Teño unha imaxe gravada a fogo nos domingos de Pascua, de cando os curas ían polas casas facendo que as bendicían. E na mesa da sala, unha bandexa chea de ovos ou demais avíos para o señor cura; cando nós non podiamos comer ovos porque se vendían para acadar unhas pesetas. Educación relixiosa, mal gusto católico ou viceversa. Maldita sexa! Remato con calma grazas agora a dona Ella Fitzgerald.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES