Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: Nin porto nin Pac

jueves, 13 de marzo de 2008
Nalgún intre os responsables autonómicos do sector aventuraron que o futuro turístico
da Mariña -amén das praias e a riqueza cultural e paisaxística- basearíase nas actividades lúdicas e deportivas, entre as que sinalaban a náutica e o golf, ou mesmo a caza maior. Nese momento fumos conscentes das nosas carencias, e polo tanto do
desamparo que padecemos para afrontar o reto que se vaticina; daí que xurdise a
inquedanza pola situación e se incrementase e actualizase a xa vella aspiración de
contar con un porto deportivo; pero sabemos todos que sen unhas instalacións fora da
ría endexamais Foz o terá. As declaracións dos políticos tiveron sempre un senso
mais engaiolante que resolutivo; mais para a galería que coa intención real de
afrontar a solución pois hai algo indudable: os responsables de Portos non están polo
labor. Así, con esa contundencia, o dixera a este cronista hai un par de anos, o que naquel entón presidía o organismo, o Sr.Irisarri, en ocasión na que compartimos mesa e manteis. Naturalmente dende Foz, dun xeito ou doutro, seguíuse insistindo no tema.

Hai pouco quen herdou o cargo do Sr. Irisarri estivo en Foz. O señor alcalde convocou
unha reunión con él, á que fumos convidado e naquel acto falounos de cómo Portos ía a
reparar as instalacións existentes para a súa conservación, e no caso de Foz dragar a
dársena, actuación da que se leva falando non sabemos o tempo qué, así como lograr a
ampliación de plazas de amarre posibles nos portos actuais, e o bó do señor, no seu
parlamento, para nada se refiríu ó problema de Foz; é decir ó dun pobo que suspira por
un porto deportivo, tan necesario para o seu desarrollo como lugar de turismo, aínda que ninguén dubida da súa preponderancia neste eido e de que, como él mesmo sinalou, as plazas existentes a nivel comarcal (Ribadeo e Viveiro) están esgotadas e que por causas naturais non son ampliables as instalacións. Ante tal mutismo, para nós
decepcionante pois esa podería ser a razón da xuntanza, lamentamos que volvéramos ó
de sempre: as migallas dunhas actuacións, mais ou menos as mesmas que viñeron
prácticándose ó longo da historia, que nunca resolveron o problema, e polo tanto
expresamos a nosa desconfianza de que servisen para algo. Alguen non tivo o mínimo
reparo en acusarnos pouco menos que de intento de boicot á reunión…

Lemos hoxe no xoral: “O plan director de Portos (do que tamén falara o señor Presidente, deixando no ar falsas espectativas) non ve necesario novos muelles… “Ista é a única verdade; calquera outra versión é pura demagoxia; ou sexa, mentira.¿Cándo se vai erradicar esta forma de estar na política?¡ O PAC e o porto van no mesmo lote!…
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O Ferrol: Franco naceu en Ferrol. E por eso a cidade, nos tempos propicios, volcouse e...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información