Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

José Afonso para resistir

miércoles, 04 de marzo de 2020
Pasou o 23 de febreiro e, de novo, lembramos que no ano 1987 foise o Zeca deixándonos toda unha lección de vida en tres verbas: nao posso parar.

Alén de todo o que representou política, social e culturalmente, alén de ser un libertario imprescindible, alén de deixar unha obra de gran calidade, o Zeca tamén foi un exemplo de resiliencia persoal que poucas veces se lembra. Esta outra faceta debémoslla á maldita esclerose lateral amiotrófica que botou por terra unha carreira que en democracia puido dar moito de si. Non en balde, o Zeca deixou a contundente sentenza na que dicía que “resistín aos golpes da ditadura mais non da democracia burguesa”.

O Zeca era máis de Otelo Saraiva que de Espínola. Sabía que a democracia plena precisa un estado social e unha política estable de benestar. Entón, vendo o devir dos caraveis e xa moi enfermo deixounos outra sentenza inequívoca na que afirmaba que “a min o único que me pode curar é outro 25 de abril”.

Todo isto quere dicir que José Afonso nunca renunciou aos seus principios e, por iso, 33 anos despois, segue anegando de música as redes sociais que nunca chegou a coñecer. Isto tamén quere dicir que a loita segue vixente e que fican por vir os caraveis perennes do benestar.

Para isto temos a forza, o ideario e unha historia chea de música que berra cada día por outro mundo posible; outro mundo será posible cando a rúa se volva solidariedade e sexamos capaces de loitar polas causas alleas con voz e valores propios.

Quizais, nese tempo, a voz do Zeca se converta en futuro e faga posible aquilo que murchou no primeiro abril.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES