Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O que non se ve

jueves, 27 de febrero de 2020
Os seres humanos que, afortunadamente, gozamos do sentido da vista, podemos percibir fácilmente a forma, o tamaño e a corde todo canto forma parte do mundo material que nos rodea.

Pero:
¿Qué pasa co que non se ve co sentido da vista?
Eso xa depende da percepción extrasensorial que teña cada persoa.
Unhas persoas perciben máis e outras menos.
Pero, a pesar de tódolas deferenzas; o inmaterial tamén existe aínda que non se poida ver co sentido da vista nin tocar co sentido do tacto.

Ninguén viu a dor, nin a ledicia, nin a tristura, nin o sufrimento, nin o medo nin a seguridade, nin o amor, nin as ideas, nin as crenzas, nin calquera dos sentimentos e emocións porque non teñen forma nin cor.

O que si vemos son as manifestacións externas de todo tipo de sentimentos e emocións.
Porque:“O MAL E O BEN, Á CARA SE VÉN”.

OUTRO TANTO PASA COA ALMA DAS PERSOAS:
Din que ninguén a viu aínda que teño entendido que hai cámaras que detectan cando unha persoa expira e a alma se desprendo do corpo.

Tampouco se ve a conciencia e máis as persoas de boa vontade: “facémo-las cousas a conciencia”.

E OUTRO TANTO PASA CON DEUS.
De feito a mesma Sagrada Escritura di que: nin ollo víu nin oído oíu; pero segue dicindo que tan só o FILLO e a quen El llo queira revelar.

Debe manifestarllo a moitas persoas porque hai moitas persoas crentes. Moitísimas. Moitosmillóns…
Tamén hai persoas agnósticas e ateas.
Hai de todo na Viña do Señor.
Santa liberdade.

Non sei se será por eso que bastantes pais e nais de familia se despreocupan da formación moral, da formación espiritual, da formación relixiosa e incluso da formación ética dos seus pupilos.

Algúns sustitúena por unha “ética descafeinada” e andando o tempo: pasa o que pasa.

A min dáme moita lástima que a infancia se vexa privada desa formación, porque:
HAI MOMENTOS NA VIDA NOS QUE NADA HUMANO PODE DAR SOLUCIÓN ÓS NOSOS PROBLEMAS.

HAI MOMENTOS NOS QUE SÓ CONFIANDO EN DEUS PODEMOS SENTIRNOS SEGUROS.

Pero para eso: hai que crer en Deus e para crer en Deus hai que saber algo máis que as materias instrumentais.
Dáme moita lástima comprobar como persoas máis ou menos crentes din que non mandan ós seus nenos á misa nin á catequese, nin á clase de relixión no colexio por abandono,por deixadez, por…

Excusas de mal pagador.

A formación relixiosa ten moita máis importancia da que moitas persoaslle dan.
De feito as relixións son tan antigas como a historia de humanidade.
Ningunha relixión nos di que fagamos cousas malas.
No caso da relixión Católica móstranos ó DEUS PAI-NAI, ó DEUS AMOR.

Para algunhas persoas ten de malo que as interpela e móstralles o erradas que andan pola vida.
E eso non o queren recoñecer.

Quenqueira vivir en graza ten que levar unha vida de piedade e confianza en Deus porque a ciencia soa non dá resposta a todo canto precisamos saber.

Se tan só comprenderamos que:EN DEUS VIVIMOS, EN DEUS NOS MOVEMOS E EN DEUS EXISTIMOS –como di San Paulo- xa saberíamos moito.

San Paulo debía ter moito carácter porque noutra ocasión tamén di: “o que non traballe, que non coma”.
Así que toca: “¡TRABALLAR!”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas pola súa sensibilidade ante tantas cousas que non se ven, pero que dan sabor e sentido á vida.

E moitas grazas, tamén, por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES