Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Infinitamente vellos

martes, 11 de marzo de 2008
Ás portas da conferencia sobre Pobre Mundo Rico, cinco rapaciñas de instituto dubidan antes de entrar.

- Pero mira, se non hai ninguén…! Se son todos maiores…

En efecto, a maioría da xente que agarda sentada, son mayores José Manuel Pureza, un catedrático portugués. Enrique de Castro, un cura dun barrio duro de Madrid. Van falar hoxe, en Lugo, dereitos humanos, de pobreza, de inmigrantes machacados, de globalización.

Pero estes temas non parecen interesar moito a nosa rapazada.

Dereitos? Pobreza? Globalización? Xa teñen tódolos dereitos. Son pavorosamente ricos. E aproveitan a tope as ventaxas da globalización.

As cinco rapazas danse a volta e vanse. Un pequeno fracaso para os profesores que sen dúbida tentaron de motivar ós alumnos, ás alumnas para que asistiran á conferencia

Os que agardan son mayoritariamente adultos. Tamén hai anciáns. Algún rapaz. Unha inmensa mayoría de vellos revolucionarios, sobre unha inmensa minoría de rebeldes sen causa. Debe ser por iso de que os vellos rockeiros nunca morren.

O mundo pobre do que se falará hoxe non é o mundo dos mendigos tirados no adro da catedral. Que tamén. Falarase do 40% da Humanidade que vive sobrevivindo, e malvivindo sobrevive por debaixo do umbral da pobreza. Tres mil millóns de pobres invisibles que contemplan abraiados o espectácuilo do luxo, da obesidade e do consumo nunha mesa na que xamais son invitados a sentar. E que queremos proteger con arame de espiño e de gardas civís.

E mentres, nos países da opulencia vestímonos de cartos, de máquinas, de comida excesiva, de cousas que nos fan sentir pavorosamente espidos. Boa causa a do escándalo da pobreza, a do escándalo da riqueza. Pero, hoxe, mércores dezasete de outubro, o verdadeiramente escandaloso é a fuxida cara a ningures dunha parte salientable da nosa mocidade. Entre as cabezas canosas non logramos albiscar ós oito mil xoves universitarios de noso campus. Faltan varios miles máis, alumnas e alumnos dos institutos.

Pais, escola, políticos, sociedade estamos diante do espello que reflicte o noso fracaso. Non logramos convertilos en cidadáns. Por iso tantas, tantos acabarán convertidos en consumidores compulsivos.

E aínda menos mal que quedan “vellos rockeiros” como este cura de Vallecas, como este profesor de Coimbra, como os anciáns de pelo branco capaces aínda de conmoverse diante do espectáculo da pobreza, do escándalo da riqueza, onde o noso despilfarro, o consumismo depredador do planeta cada vez semella cada vez máis a un roubo.

Si, aínda quedan loitadores contra o fascismo da desesperanza. Aínda quedan vellos con ollos asombrosos de nenos. E tamén hai rapaces, rapazas, infinitamente vellos.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES