Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festividades relixiosas e profanas no Val de Lourenzá (6)

miércoles, 19 de febrero de 2020
2.1. As cinco salas do Centro de Interpretación da Faba
Este centro está instalado en dependencias do antigo Mosteiro Beneditino de Lourenzá.

O Centro de Interpretación da Faba abre as súas portas ao público durante os dous días Festividades relixiosas e profanas no Val de Lourenzá (6)nos que se celebra a festa.

Abrangue dúas plantas, que acollen cinco zonas ou salas de exposición, dispostas pola seguinte orde:

Primeira Sala:
Sobre a orixe e evolución da especie leguminosa arredor do mundo.

Segunda Sala:
Sobre as condicións edafolóxicas e climáticas que posúe o val de Lourenzá para o cultivo deste legume.

Terceira Sala:
Unha sala túnel, que mide 18 metros de lonxitude, onde se expoñen, baixo unha plataforma de vidro, os distintos instrumentos usados, desde sempre, no cultivo, recolección e procesado da faba de Lourenzá: o fouciño, ou ferramenta formada por un mango de madeira ao que vai suxeita unha folla de ferro curva, que se usa para segar e rozar; a grade, que é un bastidor de madeira configurado por traveseiros nos que se atopan os dentes para o labor de esterroar, ou desfacer terróns, despois da labranza; a galleta, ou apeiro agrícola cunhas gallas de ferro e un mango de madeira longo; a hucha, arca de madeira con tapadeira no que se gardan diferentes alimentos; os malles ou mallos, compostos de dúas pezas de madeira, a mangueira e a pértega, unidas por unha correa para mallar os cereais ou os legumes; o arado, vello instrumento fincado á man para abrir regos ou sucos na terra; o ferrado, ou medida de capacidade para grans, legumes e froitos secos, cuxo valor é distinto en diversos lugares de Galicia; o cribo, utensilio para limpar de corpos estraños os grans e as sementes; a cesta, ou recipiente armado con vimbios ou corizas de madeira, con asa, para transportar as colleitas.

Cuarta Sala:
Varios equipos informáticos dispoñibles sobre o cultivo da faba e mais unha pequena biblioteca especializada sobre as leguminosas; está no primeiro andar.

Quinta Sala:
Un espazo para proxeccións audiovisuais de índole divulgativa, en torno as técnicas máis modernas na colleita e tratamento da faba; tamén no primeiro andar.

3. Diferentes calidades e prezos.
Na festa de 2005 instaláronse dez postos de fabeiros na praza do Conde Santo. A maioría deles eran das parroquias de Santa María e Santo Tomé de Lourenzá; aínda que Festividades relixiosas e profanas no Val de Lourenzá (6)tamén había un de Vilalba e outro do Valadouro.

Segundo Teresa Recalde, de Santo Tomé, os prezos das diferentes calidades de fabas por quilo foron os seguintes: faba branca de Lourenzá, curada, envasada en saquiños de 1 kg, 8 €; faba verde de Lourenzá, 5 €; faba pequena, branca, axeitada para o caldo, 3 €; faba verdiña, para acompañar ao marisco, 7,50 €; faba branca de Lourenzá, curada, sen envasar, 7,50 €. Ademais das citadas, outra vendedora da mesma parroquia puxo á venda calidades distintas, colleitas por ela, como a faba de Tolosa, a 6 €; a amarela para potaxe, a 5 €; a faba mandelín, tamén, para potaxe, a 6 €; e a negrita, de orixe cubana, axeitada para guisos, a 6 €. En todos os postos convidouse os asistentes á festa, ao mediodía, á degustación de fabas cociñadas e condimentadas de diversas maneiras.

Por outra banda a celebración non se limita dun xeito exclusivo á exaltación e comercialización da faba, pois á marxe do espazo feiral, no claustro do mosteiro instálanse postos con outros produtos para a venda, tales como pezas artesás de madeira e cestería de Lourenzá, encaixes de Camariñas, cerámicas de Pontevedra e de Barcelos (Portugal), utensilios de ferreiros de Riotorto, porcelana de Betanzos, artesanía en tea de Ferrol, pastelería de Mondoñedo...

En suma, este concello da Mariña lucense honra a faba cunha atraente festa máis aló dos ámbitos estritamente feirais. Por iso, todos os anos se pronuncia un pregón para loar o produto; animan a vila pasacalles de diversas charangas e grupos de gaiteiros; ofrécese un festival infantil con touro mecánico e inchables; hai boas actuacións musicais e, desde hai algúns anos, convócase un concurso fotográfico e organízase unha mostra de cerámica.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES