Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Feira do Grelo de Xestoso 2020

jueves, 20 de febrero de 2020
Con una gran multitud, a pesar de las inclemencias del tiempo, la XXI Feira do Grelo de Xestoso, repartió unas 1080 raciones y ya a las 13h se vendían todos los grelos que distintos paisanos tenían a la venta.

Este año contamos con la presencia como pregonero de Ramón Loureiro, escritor, Feira do Grelo de Xestoso 2020periodista de La Voz, y Premio Nacional "Julio Camba".

Miñas donas, meu señores: Permítanme, en primeiro lugar, e antes de calquera outra cousa, dar as gracias. Para min é un honor estar aquí hoxe entre vostedes, e compartir estas horas no que, por riba de calquera outra cousa, é unha celebración dunha terra máxica. Estoulles moi agradecido por terme convidado a compartir con todos vostedes este momento, nun día de festa que para min é, tamén, unha reivindicación do mundo rural. Do mundo do campo. Sinto un gran afecto, por mil razóns, a este mundo, ao mundo agrario e gandeiro que mantén viva o corazón de todo un país. En momentos nos que manter en pé unha explotación agraria ou unha explotación gandeira é máis difícil que nunca, eu quero pedir desde aquí que as administracións públicas tomen conciencia, dunha vez por todas, máis alá de calquera ideoloxía política, de que o campo non pode substistir de milagro. Para que o campo galego subsista, ten que ser tratado con xustiza. E iso pasa, en primeiro lugar, por tomar as medidas necesarias para garantir o seu futuro, para que poida sobrevivir.

Gracias, insisto, a todos vostedes, por terme convidado a estar hoxe aquí e, sobre todo, por manteren viva a alma verdadeira deste vello reino que se chama Galicia.
Pero non quero emocionarme. E este de hoxe é, sobre todo, non o esquezamos, un día de festa.

Hai lugares aos que un nunca vai, senón que volve sempre. E este, para min, é un deles, Eu nunca vou a Monfero, a Monfero volvo. Amo esta terra desde o máis fondo de min. E cando estou en Xestoso, neste lugar que os meus maiores atravesaban camiñando cando ían a pé, desde a Terra Chá, cara ao mar de Ferrol, sin to que isto é para min unha casa e unha viaxe, á vez.

Álvaro Cunquerio, que era en si mesmo toda unha literatura, e que tiña tamén un inmenso afecto por toda esta terra, dicía que hai algo no que os galegos puxemos moitísima máis creatividade, incluso, que nos libros. E referíase, naturalmente, á gastronomía.

A gastronomía debería ser considerada, xa sen máis demoras, unha máis das belas artes. E o grelo de Xestoso ten que ser considerado, por dereito propio, unha obra maestra.

Felicito, de todo corazón, a todas as familias que aquí cultivan estre produto magnífico, digno dos mellores restaurantes europeos. E permítanme, de paso, que felicite tamén a todos os organizadores e impulsores desta festa de hoxe, e dun xeito moi especial a Luis, ao crego de xestoso, un crego irrepetible e absolutamente único, ademais, e todo sexa dito de paso, dun amigo excepcional.

Estou moi conmovido por estar hoxe aquí. E nada máis lonxe da miña intención que roubarlles o seu tempo. Pero permítanme aproveitar a ocasión para facer, desde aquí, unha última petición.

Eu quero que estas terras de Monfero, coa súa paisaxe, coa súa historia, coa súa maneira de contar e de existir, coa súa arte, coas súas tradicións e, naturalmente, con esa gastronomía marabillosa que ten no grelo unha das súas estrelas, sexan declaradas patrimonio cultural europeo. Porque o patrimonio é o que merece ser conservado para as xeracións futuras, e aquí, hoxe, en Xestoso, mentres celebramos esta gran festa do grelo, estamos rodeados de tesouros que non se poden deixar perder.
Moitas gracias a todos.

Vivan os grelos de Xestoso, e vivan, meus amigos, todos vostedes!

Éxito rotundo para la Cooperativa do Val de Xestoso en Monfero.
Feira do Grelo de Xestoso 2020
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES