Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Adega solicita a declaración do Carballo Anano do Monte Pindo como especie protexida

viernes, 07 de marzo de 2008
Propomos a súa inclusión no Catálogo Galego de Especies Ameazadas dentro da categoría de “vulnerábel”.

6 de marzo de 2008

ADEGA ven de solicitar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente a inclusión do carballo anano (Quercus lusitanica) no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, dentro da categoría de “vulnerábel”. Esta solicitude vai acompañada dun informe no que se indican as localizacións nas que se atopou esta planta e outras características interesantes das escasas poboacións desta especie em Galiza.

O carballo anano (Quercus lusitanica) é un arbusto de até 3 metros de alto que é propio do sur de Portugal, Andalucía, Marrocos, aparecendo tamén no Monte Pindo no Concello de Carnota.

No sur da península e Marrocos esta especie non está ameazada, sen embargo en Galiza atopamos unha única poboación cunha área moi limitada e que dista 500 Km da poboación desta mesma especie máis próxima, no Sur de Portugal. É un exemplo de área de distribución disxunta que indica que nos territorios intermedios houbo algún día o Quercus lusitanica e que por algún motivo, esta planta desapareceu de Galiza e do norte de Portugal.

A poboación de carballo anano do Monte Pindo debe ser protexida xa que é unha especie moi escasa e cun reducido número de exemplares. A solicitude feita por ADEGA a Conservación da Natureza pretende que se inclúa como vulnerábel en base á súa reducida área de ocupación e máis á súa singularidade xeográfica.

A proposta deberá se examinada na primeira reunión do Observatorio Galego da Biodiversidade, organismo criado pero aínda sen constituir, que agardamos sexa convocada en breve pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
Adega Lugo
Adega Lugo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O Ferrol: Franco naceu en Ferrol. E por eso a cidade, nos tempos propicios, volcouse e...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información