Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Témolo difícil

jueves, 13 de febrero de 2020
O planeta no que habitamos, está en constante transformación e constante movemento.

Do mesmo
xeito a vida humana está suxeita a multitude de factores que a teñen en cambios constantes:
-Cambios no noso organismo.
-Cambios na vida familiar.
-Cambios na vida social.
-Cambios na vida política.
-Cambios na vida económica
-Cambios a nivel internacional.
-Cambios tecnolóxicos.
-Cambios…

Dáse a circunstancia que nos tempos que vivimos os cambios, ademais de ser moitos, son moi rápidos; a veces ata son bruscos.

Hai cambios que entran dentro da lóxica; cambios como os que houbo toda a vida que van modulando a evolución da humanidade con máis ou menos rapidez.

Pero…

Pero hoxe en día a vida sorpréndenos:cando nos parece que un matrimonio, unha parella, unha familia, unhacomunidade; funciona normalmente e, de repente: aparece o que menos se pensa:
-Vidas afectivas destrozadas, corazóns rotos, disgustos e –a veces- máis que palabras…
-Nenos tristes, nenos inseguros, nenos orfos…
-Vidas sen valores, vidas sen rumbo…
-Consultas a psicólogos que noutros tempos resolvían axeitada e gratuitamente os confesores.
-Gastos en abogados…

Estes“traumas familiares” orixinan unha sociedade en boa medida inestable.
E non só inestable, tamén desconfiada e aínda máis:insegura.

Na vida política xa vemos como vai a cousa:
-A unhas persoas parécelles que vai collendo xeito cos novos cambios.
-A outras parécelles que non se sabe moi ben en que vaia acabar todo.
O tempo dará a razón a quen a teña.

O certo é que dispoñemos de moitos técnicos, todos moi ben preparados; pero cada persoa ve as cousas de maneira diferente porque “cada un fala da feira según lle vai nela”.

E tanto se acertan como se non acertan os que nos gobernan hai que pagalos a prezo de ouro a todos.
Teremos que soportar o que os novos tempos nos deparen…
Non queda outra.

E se avida política o ten difícil, a vida económica non o vai a ter menos…
En boa medida, van parellas.
De feito os últimos datos non son moi alentadores que digamos.

A VERDADE É QUE MOITOS CÁLCULOS IMOS TER QUE FACER PORQUE SOBRE A BASE DA PIRÁMIDE VAI DESCANSAR TODO.
E na base da pirámide estamos a inmensa maioría.
¿Cantos serán os que se salven?
Uns poucos, seguro que si.
Pero a maioría…
¡Xa veremos!
Eu teño as miñasdúbidas…

Con todos os problems que veñan o mellor que podemos faceré: conserva-la paz.

Hai quen “vive da guerra” pero os cidadánsde a pé, preferimos a paz.
Vivir en paz é unha auténtica bendición.

E outro cabalo de batalla son as tecnoloxías que se ben ofrecen moitos beneficios; hai quen di que reducen os postos de traballo para a poboación en idade laboral.

Un posto de traballo sempre foi un ben moi cotizado; pero se ademais se reduce coa chegada das tecnoloxías…

Haberá que reciclarse e poñerse ó día; pero eso tamén ten un prezo.
En fin: tempos difíciles non faltarán; pero unha de dúas:
-Ou nos subimos ó tren da vida.
-Ou perdémo-lo tren.
¿Qué será mellor?

“¿QUÉ SERÁ MELLOR?”
Este será o títuo do seguinte artigo.

Confiando que vostede non o teña difícil.
Aproveito a ocasión para agradecer que me tivera na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES