Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O mestre das bolboretas

miércoles, 12 de febrero de 2020
Foise José Luís Cuerda, un xenio que nos deixa obras impecables como “Amanece que no es poco”, “El bosque animado”, “Los girasoles ciegos” ou “A lingua das bolboretas”. Nas súas películas consigue retratar sociedades pasadas e, polo tanto, establecer a memoria como pedagoxía e aprendizaxe de futuro.

Sempre son guións de contido, guións que reflicten pensamentos e actitudes; xa sexa a través do realismo ou a través do surrealismo. O caso é, que en moitos aspectos, o cine de Cuerda tamén é un gran recurso educativo. Para lembralo no seu pasamento vin e compartín unha escena da lingua das bolboretas na que o mestre reflexiona cun neno sobre a morte e o máis alá. O neno pregunta e o mestre devólvelle a pregunta, para saber o que lle din na casa. Despois, convídao a pensar por si mesmo e a construír as súas propias crenzas. É aí onde a historia se converte en educación e en recurso educativo.

Moitas veces, escoitamos a falacia de que “o que pasou, xa pasou” sen darnos conta de que a historia ten unha complexidade ética e humana que a transustancia ao presente, de forma que o seu estudo e coñecemento se fai imprescindible para o futuro.

A historia ten dous tipos de contidos, uns negativos que non podemos repetir e outros positivos que podemos proxectar de xeito mellorado no presente. Para isto, temos que establecer unha escala de valores consesuada a partir da que evolucionar. Isto cambia o concepto de historia que pasa de ser pasado a ser presente continuo, converténdose nunha oportunidade para ser mellores e evolucionar.

Recreala é contribuír ao futuro, é educar en futuro; polo tanto, a obra de Cuerda supón unha enciclopedia histórica que hai que valorar. Ligado a Cuerda pódese falar da necesidade de tratar a historia nese presente continuo que evite involucións e nos impulse a mellorar a realidade herdada.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES