Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Notas Preelectorales (4)

jueves, 06 de marzo de 2008
NACIONALISTAS

Despois de rendir homenaxe ás tres virtudes teologales, parece obrigado ter unha lembranza, siquera sexa simbólica, destes grupos que andan por un 8% da poboación e que teñen como meta da sua universalidade os límites territoriais do seu contorno que, como xeralmente é pequeno, tratan sempre de engordar; como meta da sua cultura universal, a propia lingua; e, como meta da sua “grandeur”, ser antiespañoles pero facendo peto dos orzamentos hispanos.

¿Qué fixeches España para que che saísen tantos fillos desnaturalizados? Porque españoles desnaturalizados son, xa que aseguran ter outras naturezas.

¿Qué fixeches España para que sendo a primeira nación europea eres a única onde unha grande mesnada renega da túa cobertura e nomeación?

¿Qué fixeches España romana-visigoda-árabe-cristiá, potencia na que nos seus confíns non se poñía o sol, para que hoxe nin queiran a túa bandeira, nin o teu himno, nin sequera todo o teu ancestral terreo é dos españois senon das dezasete comunidades -tres delas nacións a seu decir, sin orixe, nin razon, nin historia propia- que, ademáis de ter vergoña de ti e do que significas, aínda te odian e multan a quen fala e escribe na túa lingua propia, esa que dí a Constitución que deben coñecer tódolos españois e ter dereito a usala, co beneplácito e complacencia do propio Presidente do Goberno “de España”.

Había un paisano nunha parroquia da Terra Chá que vivía en permanente loita cun veciño co que lindaba en moitas tenzas de pequena superficie. Este veciño, home rico, era unha provocación permanente. Se a auga, se o paso, se as podas das árbores, se o chanto caído… O pobre paisano non tiña día tranquilo. Pero velaí que o veciño morreu e fóronlle preguntar ó paisano: “Oiche, morreu fulano, que tal te sintes?”. E o paisano respondeu: “Está no ceo. Déixao estar, que está moi ben alí”.

Eu, como o paisano, desexo que os nacionalistas (fixádevos nos que nos gobernan que teñen afogada a Cataluña, o Presidente é andaluz; o capo da ERC e o portavoz de CIU, aragoneses), de toda a vida, teñan todo o que queiran pero a conta deles; non a conta das arcas do Estado “opresor e genocida”. ¡Manda…!

Máis, como xa dixen ahí atrás, négome a pagar impostos que vaian parar a mans de antiespañois.

Despois de oir o recente “debate”, o Xefe do Goberno é españolista? Ou ademáis de roxo e masón é tamén nacionalista ou ó menos máis afin a eles que ós españois?. Pregunto ó Xefe do Goberno de España. A resposta xa a sabes: No comment.

Se nos deixan, seguiremos comentando os milagres que din que van facer. Máis libres, máis unidos, máis solidarios. E máis pobres, máis parados, e máis escravos.

España: ¡Que Deus te ampare!

Españolitos: antes falabamos de “traballar para o inglés”. Hoxe haberá que falar de “traballar para os separatistas”. Menos mal que co aborto e a eutanasia, haberá menos pensionistas. Vale máis un cayuco de man de obra barata que cen abortos e outras cen “mortes dignas”.
Goás Chao, Domingo
Goás Chao, Domingo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

O Ferrol: Franco naceu en Ferrol. E por eso a cidade, nos tempos propicios, volcouse e...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información