Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tres anos

jueves, 06 de marzo de 2008
A construción vai necesitar tres anos para camiñar a súa especial travesía do deserto. Pero non o teremos claro, como outras moitísimas cousas, ata que pase o día nove de marzo.

Din que son tres anos os que lle vai levar volver a niveis de hai uns meses cando ese sector, co de turismo, era o motor que movía España, tirando con enerxía inusitada de todo o aparato económico dunha nación de máis de corenta millóns de habitantes, que constitúe unha das primeiras economías do mundo.

A construción viviu os últimos anos un tan dourado panorama de multimillonarios resultados que o puro estancamento é un drama. A parada de motor, de producirse, tería consecuencias funestas.

Quen fala de prazos é a Fundación de Cajas de Ahorro nos seus cadernos de información económica, e algo deberán saber porque o sector en pleno non tería sentido, non podería vivir, sen as axudas crediticias das entidades bancarias e de aforro.

Pero tres anos son moito tempo para as empresas dun sector en crise, especialmente tendo en conta que a bonanza económica fixo florecer nos últimos anos milleiros de empresas que acudiron ó diñeiro fácil orixinado por millóns de persoas tentando conseguir unha vivenda.

Desexariamos que se equivocasen de prazo, que a crise da construcción fose un mal vento que cruzando o país deixase tan só a memoria dunha refolada que para nada afectou ás estructuras.

Sen dúbida é un dos primeiros temas -senón o primeiro- que o Goberno que salla das eleccións do próximo domingo terá que abordar. Para evitar que se cumpran os prognósticos. Para evitar que a nave colectiva na que viaxamos teña unha aterraxe forzosa porque un dos seus motores deixe de funcionar. Para permitirnos seguir tranquilos cos pequenos problemas de cada día, esquecido o gran problema que pode tumbar a fráxil estructura da nosa economía.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES