Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Díptico para Don Ricardo Carballo Calero

viernes, 07 de febrero de 2020
I) - SONETO EN LOOR DO EXIMIO DON RICARDO CARBALLO CALERO

Alta honra de Ferrol e de Galiza,
enteiramente ás mesmas consagrado,
estudioso incansable, namorado
da Beleza, a Verdade e a Xustiza.

Túa entrega foi total sempre na liza
polo traballo serio e ben logrado,
un traballo profundo e artellado,
que gran sabedoría patentiza.

Eu canto aquí un cume da Cultura,
catedrático impar, poeta inmenso,
sabio da Lingua e da Literatura.

Dramaturgo, ensaísta de fondura
e de Galiza defensor intenso.
Chegue ata ti miña loanza pura.

20 de Xullo do 2014 (Publicado no meu libro "Loanzas sentidas e outros poemas" no 2018)

e II) - A DON RICARDO CARBALLO CALERO, "LETRAS GALEGAS 2020", POR FIN!

Por fin chegou o Día! Xa era hora
para facer xustiza á túa memoria,
exemplo de honradez na nosa Historia,
alma da nosa esencia defensora!

Péchense coa verdade as feridas.
E iso hase acadar coa Democracia.
Pensar que así non é, unha falacia.
De paz encha a verdade as nosas vidas.

Volvo cantar "un cume da Cultura,
catedrático impar, poeta inmenso,
sabio da Lingua e da Literatura.

Dramaturgo, ensaísta de fondura,
e de Galiza defensor intenso."
Volvo brindarche a admiración máis pura.

Os Tilos, 21/Xaneiro/2020. Xoán Xosé Fernández Abella
Fernández Abella, Xoán Xosé
Fernández Abella, Xoán Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES