Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Urbanización e cambio climático

miércoles, 05 de marzo de 2008
Pouca é a xente que se decata da grande influencia que teñen os procesos urbanizadores có aquecemento global. Lugo foi colocado no ponto de mira deste aquecemento, pola sua situación xeográfica e polas suas características orográficas. Parece ser que as espectativas dan unha suba das temperaturas de até 7ºC para este século. Máis, entre as voces que se escoitan, nada se di da perda de superficies verdes a custo da expansión descontrolada do cemento que todo o cobre. Unha masa de ábres pode fixar unha media de 400gr por m2 de CO2 cada ano da sua vida. Se falarmos de terras de cultivo a media de fixación pode estar á volta dos 350gr/m2 cada ano.

Calculemos agora canto CO2 deixamos de fixar coa perda da carballeira de Sn Fiz, que, segundo o SIXPAC media uns 10.000 m2, coa perda das carballeiras da zona de Casais, uns 15500 m2, a zona de Abella que vai ser urbanizada mede uns 38.000 m2, segundo declaran os seus promotores. O centro comercial As Termas sustitue en cemento 113900 m2 de carballeira fotosintetizadora. Si sumamos estes poucos exemplos temos un total de 167400 m2 perdidos en menos de 5 anos. Quere dicir que, nese tempo Lugo deixou de fixar 66960000 gr de CO2 cada ano que pasou e cada ano que pase como mínimo. En cambio incrementou as emisions producidas polos coches que van ás Termas, polos que van ás urbanizacións satélites ou desplázanse a través desta cidade que deixou de ser á medida da perna da xente. As superficies cementadas como a praza nova do seminario (5.500 m2) reflecten a maioria da enerxia que reciben, incrementando así o efecto invernadoiro e a temperatura da cidade.

Nada desto se contempla no PXOM que pretende ser aprobado en Lugo. En desagravio do noso Concello, tampouco sei que estas consideracións señan tidas en conta noutros PXOMs.

Mas non é de recibo dicir publicamente que Lugo vai a estar na vangarda da loita contra o cambio climático como temos escoitado estes dias.

Para iso, teriamos que tomar varias medidas que non son demasiado problemáticas:
-Compostaxe. Fomentar a recollida selectiva de lixo en orixe. Iso require uhna forte campaña de sensibilización cidadana e de Educación Ambiental. A Central de compostaxe estaba aprobada pola cámara municipal de hai 8 anos.

-Reconducir o modelo expansivo da cidade adoptando o modelo de cidade compacta defendido polo Proxecto Terra do Colexio de Arquitectos de Galicia. Por en cuestión a política de centros comerciais que está sendo fomentada.

-Limitar as vías de acceso e de comunicación ás que sexan necesarias. A Ronda Norte que ameaza toda a veira dereita do Miño desde Bocamaus até Calde non é necesaria senón redundante e vai sustituir muita superficie verde por outra negra que absorve calor.

Intercalar arboredas no desenvolvemento da cidade, respeitando as existentes. Un parque deseñado, pisado de cemento é unha imaxe esperpéntica dunha vella carballeira. Parques naturalizados como o de Marcos Cela son un exemplo de bon aproveitamento do territorio e das arcas públicas.

Promover hortas urbanas, que den lecer aos maiores e sosego á vista.

Respeitar as riquezas existentes como o Parque Rosalía coas suas vistas únicas ao val do Miño.

Neste mesmo sentido, a zona do Carme podería ser un lugar explendido para demostrar que somos capaces de combinar desenvolvimento e respeto ao noso fomentando un urbanismo na zona que non faga perder a sua riqueza arqueolóxica nen as vistas ao val que poderían ser disfrutadas por todos.

Neste tempos parece que estamos atacados de presa por chegar, dándonos codazos uns aos outros dunha maneira desordenada. Tal é o aspecto que ofrece Lugo a calquera visitante que chega de fora:

Funil na Fervedoira e atasco de tráfico. Muro das traseiras das Fontiñas desde a estrada da Fonsagrada. Muro que medra sen parar desde a Volta da Viña. Muro na Cheda. Todo parece unha triste antesá do único muro que debería estar visible e posto en valor: a muralla que nos quedou da dominación romana. Será que en Lugo estamos atacados de murallitis?. Ou que non mandan os cidadans, senón outras forzas que non saen como representantes nas eleccións?

Estes temas están previstos na Axenda 21 de participación local (se esta fose implementada) Lembremos que é unha promesa electoral de anos pasados.

Figueroa Panisse, Adela
Figueroa Panisse, Adela


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES