Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 30 de enero de 2020
Andaina a Niñodaguia

De cando en vez é bo coller un descanso literario, ou sexa, deixar de ler por unha mañá. O outro día fíxeno. O outro día realicei unha desas andainas ás que eu lle chamo descoñecidas. É dicir, que sei máis ou menos por onde ando, pero tamén sei que ando medio perdido. No coche, que tiña aparcado xunto ó instituto de Maceda, quiteime de Pingas de Orballoxersei, puxen de novo a cazadora e do maleteiro saquei un bonito caxato de cando fixera a ruta do Cares. Baixei pola pista que vai dar á do Alto do Couso e, ó cruzar esta, collín unha estrada pola que nunca fun e pola que nin tan sequera sabía que existía: a que vai a Niñodaguia, en Xunqueira de Espadanedo. Saín ás dez da mañá. Ós tres quilómetros xa tiven que quitar o gorro da cabeza (aínda que en tramos brillaba ben a xeada), e un quilómetro máis tarde houbo que desabrochar a cazadora. Tamén, ós poucos, había que deterse un chisco para a correspondente foto (posteridade e feisbuq, faltaría máis). O Pumar. Penediño. A Igrexa. O Maio. Niñodaguia. Aquí collín a pista que me levaría ás Cerámicas de Xunqueira. Boteille unha visual por fóra ó museo-taller de olería de Niñodaguia e axiña saquei do peto a parva de chouriza para fincarlle o dente (como se ve, ía preparado). Cando cheguei á estrada que vai de Maceda a Xunqueira, en Veigachá, axiña me apareceu esa recta que medio te fulmina pola súa lonxitude. Non obstante, ás doce menos cuarto, e logo de dez quilómetros e medio, xa estaba este paisa tomando café no centro da vila de Maceda. Aínda aproveitei dúas horas de lectura.

O Goya de Benedicta Sánchez

Baixo “O mandil”, de Berrogüetto, imaxino a Benedicta Sánchez recollendo o Goya á mellor actriz de revelación. Non o recolleu co mandil posto, pero é fácil de imaxinala Pingas de Orballocon el en “O que arde”. Que a gala dos Goya empece recibindo o primeiro premio unha mullerciña galega é algo que, a un galego, lle debería emocionar. A min, por suposto que me emocionou! Axiña tiven que botar a man ós ollos para limpalos. A emoción tamén se debeu a certas comparacións que furgaron pola miña cabeza: tiven unha tía chamada Benedicta (todo o mundo lle chamaba Benedita) e cun físico moi semellante á actriz. Claro que a miña, con menos anos (84 os da actriz) era moito máis vella cá Sánchez. Sempre a acordei cun caxato, dobrada e cunha fortisima artrose nas súas mans. Tamén hai que dicir que 84 anos nos anos 60 non eran os mesmos 84 na actualidade. Baixo o tema “Feel”, de Robbie Williams confeso que seguín a gala cinematográfica baixo a emoción da galeguidade. Este ano a nosa Comunidade estaba máis que representada no pavillón de deportes de Málaga. E foi polo que a aguantei, pois sigo dicindo e denunciando que deberían buscar outro método, outra maneira para o asunto das gabanzas, dos eloxios, dos agradecementos. Son cansados, aburridos, pesados. Sempre o mesmo: grazas ás familias e ós equipos técnico-artísticos. Iso xa se entende, por Deus! Se non fora pola familia, o premiado non estaría na tarima recollendo o premio. Se non fora polo equipo, non existiría a película. Non hai orixinalidade!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES