Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'E tal vez pasa un anxo' (Luz Pozo)

jueves, 30 de enero de 2020
A Doña (sic) Luz Pozo Garza, coa máis profunda admiración e gratitude. Filla e Gloria de Ribadeo, Viveiro e a Terra…infinita.

Cando o corazón busca o repouso no Faro da illa Pancha, o tempo morre e as augas do mar e a choiva só anagan a ialma. O corpo non existe. É o corazón, que fuxe na procura do amor branco, que pide pan fresco e nisa procura mergúllanse na poesía da sensibilidade exquisita de Doña Luz Pozo Garza. Isa Luz do Faro que se espalla polo mar coma olas de bicos e apertas. Isas follas de amor/ dolor vestidas de palabras, extirpadas do Pozo da ialma, e que voan pola vida non sei se como “aqueles anxos con patis” ou simplemente son Garza(s) que camiñan polas rúas da vida con ise aroma doce e fresco de rosas ou flor de limoeiro.

Sempre admirei aqueles ollos:“Mis ojos los ha encendido un ángel con su antorcha.”… “No culpes a mi corazón, es la luna que se perdió en la noche” (Indolencia). E cecais sen decatarme: “Me llamabas prendiendo la voz entre los árboles”(Evocación).Porque na vida, tamén a Ela lle pasa: “Purifica mirar los ojos del niño donde laten grillos y pájaros dulces”( Niños). Cecais sexa pretenciosa pola miña banda pensar que poideran latir no meu seo grilos e paxaros doces, máis, na súa procura, con modestia, andamos.

Só estou lendo un libro: “Memoria solar” da eterna Doña Luz. Muller que sempre soupo, con tan fermosa sensibilidade e garimoso trato, namorar, non só a todo-los rapaces da Academia Minerva de Viveiro, senón a toda-las persoas que a trataban. (¿Verdade, amigo García?).

Non, non fun afortunado daquel ensino. Só lía aqueles poemas que caían nas miñas máns en périodicos locais e revistas. As nosas vidas, alonxadas pola edade e o vivir, camiñaron por vieros alleos. Mais recordo os anos sesenta.

Non, non eran tempos para escoitar o seu ledo piano, nin para o análisis do himno do Congreso Eucarístico: “Gloría a Ti, Víctima Pura, vencedora de la Muerte”... Eran tempos de tristuras, ceos grises e brutalidade barata e abusona.

Por iso sei que era Doña Lucita unha das moitas persoas fartas de cicatrices de sangue e dolor e que, por fortuna, as mans de Pimental trocaban as espiñas en rosas. Despois virían os tempos ledos de verbas preñadas de amor e os bicos do poeta Eduardo Moreiras. É a maxia da poesía que só os escollidos son capaces de conseguir. Dolor dunha muller que sempre tremaba co fungar das balas e chorou, con mel nos beizos e en bágoas de poemas, non só polo seu irmau Gonzalo, senón por todos, ata por nós. Un non pode por menos de recordar o “Cravo” de Rosalía.

Muller valiente, transgresora, vital… sempre soupo vivir coa lira da súa música e nos beizos con ise afortunado dicir de: “un flor e un cantar”. Por iso eu sempre fuxin dos homes que non miran as estrelas nin escoitan a fala da Lúa. Da Lúa, de tantos pitillos e tantas esperas, sei non sabe chorar nin tampouco está namorada. Só aluma os nosos soños,como as palabras de Doña (sic) Lucita,-así lle chamaban os seus alumnos- porque as verbas do seus versos son as estrelas que acougan a noite, a savia que alimenta o árbol do corazón, o silenzo no que durme a tristura, a auga que apaga o dolor. As súas palabras son bicos escritos no ar que rebulen por acó e no Alén. Follas que espalla o vento e camiñan polo río da vida coa xenerosidade de quen viveu e vive para amar.

Por iso quero agradecer ós Concellos de Viveiro (Filla Adoptiva), e ao seu Ribadeo natal ( Filla Predilecta), a sensibilidade amosada e que, según me consta, refrexan o verdadeiro sentir de ambo-los dous Pobos por unha persoa tan merecedora de tanto agarimo. Porque foi Luz de tanta xente, Pozo de tanto amor e dolor, Garza velaiña, churrusqueira… Voadora Pomba polos soños da xente, Mestra da vida e Dona e Flor dos corazóns. E iso non é doado. So é un don de Deus cós xenerosos.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES