Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 24 de enero de 2020
Esquivar os elementos

Quero ir de aquí para acolá, pero axiña caio na conta de que terei que evitar, esquivar certos elementos. O primeiro é un mangado de fentos, ó que non me queda outra que poñerlle lume. Ós dous pasos son unhas gavelas de toxos, que cargo no carro para facerlle a cama ás vacas. Logo me encontro cunha parella de sapoconchos, que aparto con paciencia, con moita paciencia cara á unha cuneta. Outeo o horizonte e vexo Pingas de Orballoun gran espazo en branco. Quedo bloqueado. Non pode ser, penso. Ten que haber algo que me corte o paso. Desde lonxe só vira atrancos. Non sei que facer. Estou en branco! Opto por chimpar un amieiro e atravesalo no camiño. Agora si, agora xa é outra cousa. Agora non me queda outra que tallar o amieiro e carrexalo cunha carretilla (hai que lembrar que o carro das vacas está ocupado coas gavelas dos toxos). Mentres vou e veño de acolá para aquí, penso ó mesmo tempo como facer para seguir esquivando os elementos. Porque sei que hai moitos máis elementos. Xa que tan pronto como me pasou o de espazo en branco e de paso que fun cortar o amieiro, subín uns metros polas súas gallas para comprobar o traxecto ata acolá. Volvía estar cheo de obstáculos. Efectivamente, non tardou en asomar un penedo que non conseguín mover nin rinchando os dentes. Aniñou en min a impotencia. Por pouco tempo. Lembrei que no carro levaba unha maza. E pouco a pouco, dálle que dálle o penedo volveuse fariña. Suaba, pero seguín. E paso a paso, metro a metro, con esforzo, cheguei ata acolá. Nunca me vencerán os elementos!

A luz que brillaba

Coido que a luz que asoma por detrás do outeiro procede dun obxecto luminoso que estará á espera de moverse. Ou non. Como curioso que son, optei por achegarme para saber o que era. Ou para saber se se movería. Aínda que estaba lonxe, paso a paso e pouco a pouco, cheguei. Ó chegar non vin nada raro. Intuín ó momento que tal brillantez dependería da colocación na que eu estivese. Ou sexa, que o obxecto non Pingas de Orballopodería ser algo grande. Sinceramente, eu emprendera o camiño coa confianza de atoparme cunha nave espacial. Mellor cunha nave extraterrestre ou alieníxena. Non obstante, seguín buscando o obxecto ou o motivo desa luz que vira desde a distancia. Non tardei en atopalo... era o puto cu dunha botella rota! Non lle dei alí mesmo unha patada por medo a cortarme. Andaba cunhas sandalias que deixaban ver todas as dedas. O descubrimento do cristal recoñezo que me deixou medio fundido (Dixen que confiaba atoparme cunha nave de máis alá das estrelas?). Quedei nun credo de deixar caer bágoas de impotencia e de carraxe. Menos mal que sempre me sentín heroe do desalento. Ou da desmoralización. Así é que non me quedou outra que regresar ó punto de partida. Iso si, fíxeno zorregándolle a todo o que atopaba ó meu paso coa vara que levaba na man. Por certo, a vara téñoa desde que fixera a ruta do Cares. De cando en vez os heroes tamén facemos andainas; non só imos por aí voando coma Supermán. Axiña deixei de preocuparme da luz que brillaba detrás do outeiro. Tampouco alumeaba xa o sol.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES