Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

366 oportunidades

jueves, 23 de enero de 2020
Este ano é bisiesto.
Antes de empezalo fixemos moitos propósitos que repercutirán positivamente na nosa calidade de vida.
Seguramente que algúns deses propósitos xa estarán en marcha.
Hai persoas que poñen moito empeño no que se propoñen.

A PRIMEIRA OPORTUNIDADE É A DE MIRAR COMO ANDA A NOSA VIDA INTERIOR; ESA VIDA QUE NINGUÉN COÑECE MÁIS QUE CADA UN A SÚA (e Deus a de todos):

-PARA A MAIORÍA SERÁ O ANO DE MELLORA-LA NOSA XENEROSIDADE porque a xenerosidade sempre é mellorable.

-PARA OUTRAS PERSOAS SERÁ O ANO DE DEIXAR DE FUMAR: un seguro de vida saudable para todos.

-PARA OUTRAS SERÁ O ANO DE DEDICAR MÁIS TEMPO Á FAMILIA para que a familia saia fortalecida e goce de máis harmonía e benestar.

-PARA OUTRAS SERÁ O ANO DE APROBAR aquela asignatura que tantas dificultades presenta.

-PARA OUTRAS SERÁ O ANO DE CONSEGUIR AQUEL POSTO LABORAL polo que tanto tempo levan esperando para encher de fartura os seus fogares.
…

-PARA OUTRAS SERÁ O ANO DE: recupera-la saúde física, a saúde psíquica e a alegría de vivir...

-PARA OUTRAS…
En fin...
Hai oportunidades para todos.

NINGUÉN SABE A CIENCIA CERTA AS POSIBILIDADES QUE LLE VAI OFRECER 2020; PERO TODOS CONFIAMOS EN TER MULTITDE DE OPORTUNIDADES.

É de suma importancia aproveitalas:
-APROVEITALAS OPORTUNIDADES porque din que pasan unha vez e non volven a pasar: unha viaxe, unha beca para realizar uns estudios, un soño que cumprir...
Non deixar para mañá o que poidamos facer hoxe.

-APROVEITAR Ó MÁXIMO AS VIVENCIAS COAS PERSOAS MÁIS PRÓXIMAS: as vivencias boas e máis as malas; porque as primeiras disfrútanse e das segundas, apréndese.

-VIVIR O MOMENTO PRESENTE, porque o presente é o único tempo do que dispoñemos.

-VALORAR ATA OS MÁIS PEQUENOS DETALLES: porque na humildade e na sencillez escóndense verdadeiros tesouros.

-AGRADECER TODO CANTO NOS PASA porque todo forma parte da nosa persoa.
Agradecer o que nos gusta porque nos fai felices e o que nos disgusta porque nos fai fortes.

Unha oportunidade que se nos vai presentar en máis dunha ocasión tódolos días e a tódalas horas e A OPORTUNIDADE DE SANTIFICARNOS, porque a santidade está ó alcance de todos e non está reñida con ninguén.

Hoxe, igual que en tódolos tempos, precísanse persoas santas.

“PERSOAS SANTAS”

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por darme a oportunidade de escribir algo sobre as oportunidades que nos ofrece a vida.

É cuestión de prestarlles atención.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES