Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Non máis violencia!

lunes, 03 de marzo de 2008
Da chamada "doméstica/ xénero" e das outras. Levamos moitos anos padecendo
violencias. Desde o campo da política, do comercial, das relacións familiares, de
traballo e veciñais. Oprimir ou ser oprimido, estar por enriba ou por debaixo de
alguén é algo corrente. Forma parte da vida cotiá. E segue a reinar nesta nosa sociedade "civilizada", pero chea de insultos, abusos, extorsións e mesmo torturas.
Somos froito dun ambiente moi encrespado e dividido.

E chegamos ás barbaridades coma as do pasado martes. Catro mortes en vintecatro
horas. De vergoña e bochorno. De indignación e rabia contidas. Mesmo de frustración
e impotencia. O orgullo e a soberbia humanas orixinan violencia nas conciencias, nos
corazóns, na familia, na sociedade. Violencia sempre xera violencia. Nestes días
baralláronse unha morea de opinións na busca das verdadeiras causas. Problemas de
educación/cultura, falta de medios (xuíces, policía, cartos) para sacar adiante a
lei da igualdade, hábitos adquiridos e mesmo consentidos nunha sociedade altamente
machista, mesmo con costumes e xeitos herdados dos antepasados mesturado con vellas crenzas relixiosas herdadas do mundo xudeu/cristián e doutras culturas.

¡Compre reaccionar! Temos a sensación de que xa estamos todos/as debilitados moral,
física e psiquicamente. O mal tamén contaxia. A educación actual malvive baleirada
dos grandes valores (verdade, xustiza, equidade, paz, amor...) e cunha anana conciencia cívico/cidadá carente de respecto e amor aos demais. E seguimos alimentándonos dun consumismo caprichoso e aloucado, alienado cun destrutivo materialismo e un xa firme e ben asentado individualismo. ¿¡Como resolver o conflito!? Os odios e rancores veñen de atrás. Non xorden por xeración espontánea. A violencia, as torturas e mesmo as mortes son resultado dunha serie de pequenos detalles, desprezos e abusos desenvolvidos na vida ordinaria e cotiá. Temos que implicármonos todos/as xa que tamén todos e todas sabemos e coñecemos casos concretos nos nosos ambientes tanto nas propias familias, entre veciños, no traballo e nas nosas parroquias, comunidades ou asociacións.

Cómpre sementar principios por medio do diálogo, o exemplo, a orientación, a comprensión, a axuda e sobre todo o acompañamento ás persoas afectadas. Tamén ante a administración. Non nos podemos resignar diante estes terribles feitos. Moito menos calar. O noso silencio sería cómplice nun problema que se pode e debe resolver entre todos. Hai que acabar con esta vergoñenta lacra da sociedade actual. Somos quen de facelo se colaboramos todos e todas.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES