Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ignorancia, indecencia e ignominia

miércoles, 22 de enero de 2020
Unha das mellores propostas do novo goberno é, para min, a prometida man dura contra as casas de apostas. Coido que hai que acabar con elas porque son unha das peores epidemias que sofre o país actualmente. Hai outras moi evidentes como a defensa amparada na liberdade de expresión da desigualdade, da xenofobia ou dun individualismo que couta todo tipo de solidariedade que non sexa en beneficio propio.

As casas de apostas constitúen un foco de violencia estructural amparada nunha ignorancia que vítima da crise busca a saída fácil. Polo tanto, calquera goberno que queira ser decente, ten que intervir a favor dos máis febles parando esta ignominia. Non todo o negocio é lícito e o empresariado ten que aprender que hai liñas vermellas que non pode traspasar. A adicción ao xogo está adquirindo un nivel de enfermidade e, polo tanto, constitúe un perxuízo á poboación. Eles falarán da liberdade individual que tratan de coutar noutros ámbitos; non en tanto, un goberno ten a obriga de intervir ante quen basea o seu beneficio no perxuízo dos demais.

De novo, todo é unha cuestión de educación porque a ignorancia e a falta de expectativas e de motivacións son o caldo de cultivo que, como diría o amigo Mero, “en gaiola aos coitados” ata facer deles carne de fracaso que é a carnaza das casas de apostas.

Loitar contra esta ignominia é unha obriga moral. Defendela baseándose na liberdade individual e sabendo as consecuencias do que se está a defender é unha indecencia que ninguén debería perdoar.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES