Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

N° CERO da revista poética NPGgazeta

martes, 14 de enero de 2020
N° CERO da revista poética NPGgazeta
#NpgGaZeta
Xa temos rematado o N° CERO da revista NPGgazeta de agrupacións poéticas de base. 60 páxinas con poemas de máis de 26 poetas con outros tantos escollidos por est@s xa publicados e que se poderán descargar gratuitame te en PDF nos próximos días e que sairá tamén en edición de papel. Faremos diversas presentacións coa participación de algún/a d@s poetas que colaboraron neste número en diferentes localidades. Este número foi coordinado por Moncho Bouzas, coa colaboración da artista Isabel Pardo no apartado artístico con formidábeis retratos d@s poetas, a montaxe de Xelo Teixido, Zeltia Villar nas fotografías e Antón de Guizán no deseño. A revista dixital www.npggazeta.gal da NPG Nova Poesia Guitirica comenza así a súa andaina aberta á participación desde os diferentes grupos poéticos de base e também poetas a nível indibidual. A NPG promove o Certame Vilariñas de micropoemas galegos ademáis de numerosas actividades poéticas desde as terras de Díaz Castro e prepara o 1° Festival de Poesía Guitirica para este ano #CarvalhoCalero2020 en Guitiriz.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES