Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Freire atemporal Bolsonaro efémero

miércoles, 08 de enero de 2020
A pesar de non crer no espírito do nadal, non quixen lixalo cun personaxe tan nocivo como Bolsonaro pero pasou o nadal e hai cousas que eu non vou pasar.

Entre esas cousas, está que unha fonte de saber como é Paulo Freire sexa contaminada pola imbecilidade de Jair Bolsonaro que en cada intervención amosa tanto a súa falla absoluta de educación como o analfabetismo funcional que non é capaz de ocultar. Freire é un dos creadores da educación crítica e fixo modernizando e actualizando o método socrático, definindo o diálogo como a ferramenta fundamental da educación.

A educación, para Freire, é unha comuñón entre formas de ver o mundo que dialoga entre si ata construír unha realidade na que ambas poidan convivir. É normal que a xente como Bolsonaro lle moleste Paulo Freire porque mentres que Freire era convivencia, eles representan unha condena das clases populares a coexistencia.

Para eles, educar é amansar, someter, establecer preceptos que nunca deben ser cuestionados e, moito menos, dende os estamentos sociais máis populares. Sen un pobo manso, capaz de tragar dogmas e mantras, Bolsonaro e as ideoloxías como a súa simplemente non teñen futuro. Por iso, me parece normal que ataque a Freire.

Eu, que creo na humanidade crítica e libre e que considero os Bolsonaros do mundo como a gran epidemia do século XXI, desexo que agrome un exército freiriano capaz de educar cunha pregunta e de estimular ao alumnado a pensar para facer un mundo libre, infindo en ideas, exento dos dogmas que pretende impoñer a xente como Bolsonaro.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES