Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carta ao Rei Baltasar

jueves, 02 de enero de 2020
Aos que traballan sempre polo ben dos nenos.

Meu benquerido amigo:

Como aínda non me chamaches por teléfono, e non puiden dicirche o que querían os meus nenos, escríboche esta carta para recordarcho e para que termes. Agora hai moito desalmado que esqueceu que Galicia é, desgraciadamente, Terra de emigrantes, e adícanse a rexeita-los teus veciños que, en cadaleitos, chamados caiucos, se achegan as “nosas” costas - había ver eu os titulos de propiedade- . O racismo non é cuestión de pel, é de actitude.

Dígocho para que termes, porque as cousas cambearon para pior. Por exemplo, Ti, que es una persoa intelixente, xa facía tempo que reciclaras a obsoleta mirrra por carbón; pero agora o carbón caeu en desgracia polo cambio climático e eche mellor traguer paneis solares ou eólicos.

Os donos han seren os mesmos. Aquí dicimos: cambearás de capador, pero non de ladrón.

Dicía tamén Rosalía, no seu libro “Ruinas”, que os orgullosos fidalgos daqueles lugares comían da xenerosidade dos seus criados, e recordábamos, dese xeito, as voltas e reviravoltas da vida.

Mira se da voltas, que os inocentes e pequenos regalos nosos de cando éramos nenos, son hoxe ordenadores, drons ou teléfonos móviles de última xeneración. Sei que os hai que xa estudian por un… ¡e así nos vai! Algún xa inventou a un “imbécil”- aínda hai espellos- necesitado que o sustituia no traballo. Tamén dín que as muñecas vanse operar de botox. Ata as patacas fritas son de bolsa. E a muller, eu perdóolle a silicona, é como os mexilóns, prefiroa ó natural. A mín, se non é moito pedir, tráeme algo de “Sentidiño”, a la palabra galega do ano, que por iso o tiña Rajoy; pero se é moi cara, esquécete, que aínda me vou apañando. Prefiro que lla regales ós políticos non vaia ser que argallen calquer novo xeito de exterminio coa sanidade privada.

Pero como Ti, meu negriño querido, es mago e xeneroso, enche as vidas de ledicia, saúde, paz, amistade, xenerosidade, traballo, esforzo, ilusions, esperanzas… e non esquezas nunca achegarte a ista Terra onde sempre has atopar un neno bó, sincero, espontáneo, soñador, feliz co que tén; sen exigencias nos seus agasallos, compañeiro, amigo voso, e capaz de compartir… aínda que todo sexa miseria. Permítelles subirse o maxín para míra-lo ceo e bicar nisas estrelas, onde fabricades os xoguetes, a aqueles avós que agora viven do Alén; permitelle xogar no patio do recreo do firmamento coas osas polares; subir ós cabaliños e brincar nas constelacións na procura dos seus soños; deixaos que corran e se espallen polo firmamento para olvidar verbas como guerra, violencia, odio, marxinación… e centos delas negativas e doorosas, non só para os nenos, senón para todos. Dalles sempre un pano para as súas bágoas, aínda que teñan mocos.

Xa sabes que para mín e os meus só pido unha chisca de saúde e estareiche moi agradecido. Son anos de outras prioridades, e aí están moitos sofrindo polo traballo, pola emigración, polas malas sensacións… así que terma deles.

Unha aperta fondosa de buxo, que dí Mero que é moi forte e fermosa. E para Gaspar e Melchor tamén.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES