Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Adiante!

jueves, 02 de enero de 2020
Seguramente que moitos dos cidadáns de a pé non vemos moi clara a situación pola que estamos atravesando:

Actualmente hai moitos cambios e moi bruscos ós que teremos que adaptarnos.

Por estas e outras razóns: teremos retos moi importantes para este ano 2020 que estamos estreando

Seguramente precisaremos moita fortaleza para superalos.
Pero…
PASE O QUE PASE: A VIDA SEGUE E HAI QUE BOTALLE VALOR.
Necesitaremos mirar o futuro con esperanza pensando que se grandes son os problemas; máis grandes teñen que ser as solucións.

-Nada de mirar atrás pensando que outros tempos foron mellores.
Non se pode perder tempo en lamentacións.

HAI QUE MIRAR SEMPRE PARA ADIANTE COA ESPERANZA COMO ESTANDARTE.
Non nos vaia pasar como lle pasou a muller de Lot, que por mirar para atrás, quedou convertida nunha estatua de sal.
¡Deso nada!
-Non precisamos estatuas de sal.
-Non necesitamos cadáveres andantes.

O QUE PRECISAMOS SON PERSOAS COA ESPERANZA POSTA NUN FUTURO PROMETEDOR.
Ese futuro prometedor témolo que construír no día a día como fixeron os nosos devenceiros:

¿NON LOITARON MOI DURO OS NOSOS AVÓS?
Loitaron moi duro…
Loitaron e conseguiron que os seus fillos tiveran unha vida difícil; pero en paz.
Unha vida en paz. ¡ESE BEN TAN PRECIADO!

¿NOIN LOITARON MOI DURO OS NOSOS PAIS?
¡Vaia que se loitaron!
Loitaron e conseguiron que a nosa xeración tivera máis estudios e mellor calidade de vida que a anterior.

OS NOSOS ANTEPASADOS LOITARON E CONSEGUIRON MOITOS DEREITOS:
-A xornada laboral de oito horas diarias.
-A Educación Xeral Básica gratuita.
-A Sanidade universal.
-A Seguridade Social.
Etc, etc.
Foi un avance moi grande o que se conseguíu nos últimos tempos.

Temos bos exemplos a seguir:
LEVAMOS O ESPIRITO LOITADOR NOS XENES E ESTAMOS CHAMADOS A SEGUIR LOITANDO porque non nos enganemos:
A VIDA É UN PROCESO EN CONSTANTE EVOLUCIÓN.

Temos unha xuventude con máis coñecementos que nunca; aínda que temos que recoñecer que a temos algo mal afeita:
Témola afeita á vida doada e neso estamos enganados.

A VIDA NUNCA FOI DOADA E NESTES TEMPOS, MENOS:
-Sempre hai que cutiva-lo sacrificio como medio para logar os nosos obxectivos.
-Sempre hai que esforzarse para superarse.
-Sempre hai que actuar con responsabilidade tanto na vida persoal como na social.
-Sempre hai que ser honrados no pouco e máis no moito.
-E SEMPRE, SEMPRE…
DEBEMOS CONSERVA-LOS VALORES HERDADOS DOS NOSOS ANTEPASADOS.

Se non conservamos os VALORES dos nosos devanceiros, arriscámonos a dar un salto ó vacío.

Pode que algo desto estea pasando nestes momentos:
-Os informes PISA din que algo falla na vida estudiantil española.
-O profesorado ten máis queixas que nunca.
-A soberbia témola algo subida.
-Os valores morais algo esquecidos.
-Os valores cristiáns da antiga Europa, algo ignorados…

Temos que concienciarnos do que está pasando coa nosa xente nova.
“SER CONSCIENTES”

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
BO ANO 2020!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES