Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fágase a luz!

viernes, 20 de diciembre de 2019
Na noite lucense, estes días pode darse o forte contraste entre o atractivo alumeado de Nadal e as rúas desertas. E pode que as baixas temperaturas nocturnas non animen a que paseemos polo centro, pero sempre ha de haber termo medio para que a vida discurra polo centro da cidade.

Hai que recoñecer que en Lugo se iluminaron de xeito fermoso as sedes do Concello e Deputación, e que a Praza Maior resulta excepcionalmente atractiva, que a iluminación nadaleira invade moitas rúas da cidade, e proporciona un ambiente case máxico que influencia aos que somos sensibles aos signos externos do progreso, da ledicia e da vitalidade.

Pouco importa que algún dos elementos luminosos teña motivos tan pouco nadaleiros coma os peixes, que todo vale aínda que provoque o tarareo da panxoliña dos peixes no río.

Haberá que atribuirlle ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a paternidade da moda de potenciar o alumeado do Nadal que, ao darlle o excelente resultado publicitario que resultou, provocou que o resto das cidades e pobos tomasen boa nota da acción e, cada quen dentro das súas posibilidades, procurase destacarse neste campo de luz que tenta abrir os nosos corazóns a este especial tempo alongado, no que o comercio e naturalmente a hostelería agardan facer o agosto.

Na noite lucense, a luz brilla pola súa presencia en ausencia dos lucenses, pero ninguén nega o seu papel vitalizador dunha cidade que precisa alicientes coma este para sentir que segue viva e agarda selo moito máis. Fágase a luz, alguén segue a repetir nestas datas... e hai que recoñecer que a Lugo e aos lucenses sentounos moi ben.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES