Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O corazón ten memoria

jueves, 19 de diciembre de 2019
Certo que a faculade da memoria está no cerebro pero non sei porqué motivo:
“CORAZÓN E MEMORIA TAMÉN ACTÚAN SINCRONIZADOS EN OCASIÓNS”.

Cando temos gratos recordos na nosa mente, tamén o noso corazón participa e “ponse contento”.
E cando “temos o corazón contento”, a nosa calidade de vida mellora.

Por eso nos sentimos mellor cando:
Recordamos con cariño e gratitude moitísimas vivencias moi gratificantes da nosa infancia, da nosa xuventude, de fai poco tempo ou do día a día.
Vivencias familiares, vivencias escolares, vivencias laborais, vivencias sociais, vivencias parroquiais, vivencias…

¡VIVENCIAS CHEAS DE AMOR!.

Esas vivencias, recordámolas e revivímolas a miúdo e, - automaticamente-, producimos endorfinas; -que son as hormonas que producen felicidade- e o noso corazón afectivo “goza” e del brota:
GRATITUDE, ALEGRÍA, BENESTAR…

ESTAS VIVENCIAS POSITIVAS SON COMO UNHA MEDICINA PARA A NOSA ALMA.
SON AS ENCARGADAS DE DARNOS ÁNIMOS PARA CREAR UNHA ATMÓSFERA CÁLIDA E AGRADABLE NO NOSO SER INTERNO QUE IRRADIA FELICIDADE E GANAS DE VIVIR.

Por eso recordamos con moitísimo cariño ás persoas que deixaron unha fonda pegada amorosa nas nosas vidas:
-TODOS GARDAMOS NO NOSOS CORAZÓNS OS SACRIFICIOS QUE TIVERON QUE FACER OS NOSOS PROXENITORES PARA CRIARNOS:

Independentemente de que nos criaran con máis ou menos medios económicos, con máis ou menos coñecementos académicos; sempre, sempre nos deron o mellor que puideron.
E –sobre todo- inculcáronnos: VALORES.

-TODOS LEVAMOS NO NOSO CORAZÓN ALGÚN FAMILIAR QUE PASOU A VIDA INTIMAMENTELIGADA Á NOSA:
Hai FAMILIARES e familiares. Refírome ós primeiros.

-TODOS LEVAMOS NOS NOSOS CORAZÓNS AQUELES MESTRES QUE FORON MODELANDO AS NOSAS MENTES E AS NOSAS ALMAS PARA FACER DE NÓS O TIPO DE PERSOAS QUE HOXE SOMOS.

¡Cantos traballiños tiveron que pasar algúns Mestres da nosa primeira infancia cando as escolas carecían de case todo!
E, aínda así, descubrieron o tesouro que leva dentro a infancia, e abriron as nosas mentes para que puideramos defendernos na vida.

-TODOS RECORDAMOS CON CARIÑO E AGRADECEMENTO AQUELAS PERSOAS QUE NOS
BOTARON UNHA MAN EN MOMENTOS DUROS DAS NOSAS VIDAS.

Aquelas persoas que nos daban algunha larpeirada cando eramos nenos, aquelas persoas que non iniciaron no camiño da FE, os Mestres que nos daban cariño e nos miraban con tenrura, os amigos que nos acompañaron na enfermidade, aquelas persoas que nos orientaron desinteresadamente…

ESAS PERSOAS SEMPRE TERÁN UN OCO RESERVADO NOS NOSOS CORAZÓNS.

Porque o noso corazón acórdase con cariño a gratitude de canto ben lle fan.
O noso corazón acórdase detodo: do bo e do malo, tamén.

Cando alguén nos fai mal, deixa unha ferida no noso corazón.
Podemos darlle máis ou menos importancia.
Co paso do tempo, pode que esa ferida “cicatrice”
Incluso pode pasar que a cicatriz chegue a desaparecer.

O mellor que nos pode pasar é que desapareza sen deixar rastro.
Para que desapareza sen deixar rastro,o mellor que podemos facer é perdoar; non levar conta do mal, saber disculpar, ter empatía cos outros, recoñecer que todos temos fallos...
CANTO MÁIS PERDOAMOS, MÁIS FELICES SOMOS PORQUE NOS ESQUECEMOS DO MAL RECIBIDO.

O perdón pon remedio a moitos males.
“PERDOAR E ESQUECER “

Este será o título do seguinte artigo

Moitas grazas por ter un pequeno oco no seu corazón para terme na súa consideración nesta ocasión.

A súa paciencia ben merece un aplauso.
Moitas grazas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES