Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

20 poemas ao rescate dos Frescos dos Vilares

martes, 03 de diciembre de 2019
V Séculos de Nós Frescos dos Vilares.
A poesía ao rescate dos Frescos dos Vilares

20 poemas ao reacate dos frescos dos Vilares, pinturas murais descubertas en 1991 e que están incluídas na lista vermella do patrimonio do estado e que se atopan en serio risco de deaparición definitiva. Un motivo paisaxístico, o enterro do Conde Orgaz, 20 poemas ao rescate dos Frescos dos VilaresSantiago Matamouros e a imposición da Casulla de San Ildefonso son os frescos do S.XVI da autoría dos mestres de Parga e Nogueira de estilo gótico hispano-flamenco, un conxunto mural único en Galicia que soporta casi seis lustros de abandono e deterioro por parte da igrexa e das diferentes administracións.

20 poetas son os que prestaron os seus versos para reclamar ás administracións a restauración dos frescos dos Vilares. Ana Vila Portomeñe, a poeta labrega, Pilar Maseda a vilalbesa da NPG e do grupo Corredores de Sombra, o amigo de Lugo e Ferrolterra Carlos Neira Suárez, Toño Núñez o poeta de Navia gañador na primeira edición das Vilariñas, José Carlos Ulloa o Lugués da Irmandade Luso Galaica, o guitirico Roberto Losada, José Vazquez Liste de Nómades do Verso, Pilar Alonso de Ponteareas, a nosa amiga poeta de Vilalba María Xosé Lamas, a gañadora das Vilariñas 2019 Beatriz Coira, a pontevedresa Macamen Alonso, o presidente da Lareira de soños Antón de Guizán, Ana García Rivas outra gañadora das Vilariñas 2019, Teresa Ríos ponteareana de Poesía Galega Ceibe, Moncho Bouzas, un dos grandes valedores da NPG, Emilia Martínez Fuentes a poeta de Monfero da NPG, Miguel Queipo Salvande de Nómades do Verso,Pas Veres da NPG e Xelo Teijido, tamén vilarego e da NPG.

O poemario colectivo será enviado impreso por correo postal ás diferentes administracións (Deputación, Concello, Xunta e Diócese de Mondoñedo-Ferrol), tanto aos presidentes como aos responsabeis das areas de cultura, pateimonio e turismo.

Esta é a última das numerosas iniciativas levadas a cabo para reclamar a resauración dos frescos dos Vilares por parte da Asociación Lareira de soños que ten realizado a edición de teípticos e paneis informativos, iniciativas no Parlamento, Valedor do Pobo, reunións, participació dun Mastee na UDC, video spot, charlas e mesmo ancargado a redacción dun ante proxecto ou o deseño da imaxe da campaña da artista Viki Rivadulla.

Pretendemos así sensibilizar con poemas ás diferentes administracións arredor da importancia desta xoia patrimonial e seguir presionando para que se acometa a reatauración das pinturas nesta igresa orixinaria do S.XII.

Asimesmo, o poemario poderá descargarse gratuitamente nos próximos días da web da NPG Nova Poesia Guitirica www.npggazeta.gal

#SalvemosOsFrescosDosVilares
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES