Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pouco que celebrar

lunes, 02 de diciembre de 2019
A ONU proclamou o 3 de decembro para “celebrar” o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional e concienciar sobre a súa situación nos distintos ámbitos da vida.

Revisando titulares recentes cabe preguntarse se hai algo que celebrar. Seguimos a loitar por unha educación inclusiva (algún centro declarou “no queremos niños con Pouco que celebrarnecesidades especiales”). Seguimos a reclamar a asistencia persoal como dereito despois de trece anos recoñecido na Lei. Seguimos a denunciar mal uso de tarxetas de aparcamento, barreiras en universidades e centros de saúde, esperas de ata dous anos na atención á discapacidade, mortes diarias sen as axudas da Lei de Dependencia, falta de accesibilidade nas vivendas, restaurantes que discriminan, os nenos da polio esquecidos un ano máis e un longo etcétera.

Tamén hai titulares positivos, pero menos. Como exemplo: as medallas dunha lucense nun Mundial adaptado, persoas con diversidade intelectual por primeira vez nunha mesa electoral, colexios electorais con accesibilidade cognitiva, parques infantís inclusivos…

As actitudes discriminantes forman parte da vida cotiá. Doen máis cando os protagonistas son nenos, un mundo co que me relacionei durante trinta e sete anos, e aos que quero referirme nesta ocasión. Etiquetar ás persoas é unha práctica moi común no ámbito educativo. Case a diario sabemos de casos de Bullying. Os alumnos con algunha diversidade funcional teñen catro veces máis posibilidades de ser vítimas de actos violentos. Comezan como simples bromas sen valorar que as consecuencias poden ser graves. Trinta anos despois da aprobación da Convención Internacional dos Dereitos do Neno aínda denuncia a ONU: “La infancia con discapacidad en España: graves situaciones de desigualdad y exclusión”.

O diferente non é nin mellor nin peor, é complementario. A súa presencia sensibiliza potenciando máis as capacidades que as carencias. Somos a minoría máis ampla e representativa do que pode ser a vida de calquera persoa. Ninguén ten asegurado o seu futuro. De pouco serven os “Días de” ou as Convencións se os dereitos non se fan efectivos. Está sobradamente demostrado que eliminadas as barreiras físicas e, sobre todo, as mentais pódese participar de forma activa e levar unha vida independente. O lema deste ano “Baixo o mesmo paraugas” pretende dar visibilidade a unha sociedade diversa e plural. Colaboremos todos para contribuír a ese cambio social.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES