Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Anda revolta a feira

lunes, 18 de noviembre de 2019
Anda revolta a feiranda revolta a feira. Politicamente, porque non sabemos o que queremos. Non hai moito, malditos o PSOE e Unidas Podemos porque non pactaban. Hoxe, malditos o PSOE e Unidas Podemos porque pactaron. Eu, non obstante, aínda sigo ensaiando o “Cara el sol” ou mirando de esguello para a fronteira de Portugal. Por se hai que cruzar a raia. Por se aquel...

Anda revolta a feira. Socialmente, porque o pasado mércores as redes sociais (que arrastraron ós propios medios de comunicación) revolucionaron á vila de Baños de Molgas por culpa da chea do río Arnoia. A verdade é que, agora con isto do feisbuq e demais trangalladas, así como cos móbiles, dunha pinga de auga facemos todo un mar de esaxeración. Para aquel que non coñeza Baños de Molgas, un titular dun xornal galego daba a impresión de que a pobre da miña vila quedaba toda ela baixo as augas do río que a cruza e a bica pola súa marxe dereita. Non obstante, a chea da pasada semana pódese dicir moi perfectamente que foi pequeniña, aínda que, ante a imaxe de dous coches apresados pola auga, semellase que alí se estaba a acabar o mundo.

Anda revolta a feiraPódeselle chamar riada cando, por exemplo, no parque Ansuíña cobre os vestiarios da piscina e o bar do parque. Ou cando o río cobre por completo toda a estrada que vai a Os Milagres ata a altura de polo menos a Ponte das Cabras e as leiras da contorna. Ou cando chega ás mesmas casas da entrada á vila. Pero o outro día, e segundo as fotos que vin, foi unha cousiña de nada.

Lembro unha enchente do ano, creo, 1968 ou 1969, cando eu aínda ía á escola de don Graciliano, na que tan só quedaban tres chanzos da Ponte Nova para chegar a auga á propia estrada principal da vila. Tamén houbo outra, na Noite Boa do 1998 (ano arriba ano abaixo) que si fixo que peregrinásemos ata a burga para contemplala e lembrar todas as que nos visitan todos os anos.

Porque en Baños de Molgas, só que chova cun chisco de intensidade durante un día, xa temos a enchente no lombo. Porque en Baños de Molgas asoman tres ríos (o Sor, o de Tioira e o propio Arnoia) que, ó chegar ó embude que forma a propia vila á altura da Ponte Nova, non lle queda outra á auga que buscarse o seu propio camiño. Pero tranquilos, que non afogamos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES