Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Simplemente paz

martes, 12 de febrero de 2008
Aquil neno /pincháballe os
ollos / ós páxaros /... / Logo
botábaos/ a voar / e ríase de
velos / topar contra o valado/...

Creceu e foi daquiles.
(Xogo ruín, L. Pimentel)



Se o presente modifica ó pasado, a historia é imposible.
A profusión e impredicibilidade das variables, impídenlle á política ser unha ciencia (nada tan ridículo coma ouvir a Felipe González falar de “análises” e “diagnósticos” ou a Raxoy predicir o tempo). A “historia” contén ademais en cada intre un punto de vista contemporáneo que non coincide con ela.

Fora da inutilidade da nosa “cruzada”, pouco da nosa memoria poderá ser pois preditiva, aproveitable. Se acaso, a que nos lembra que as ideoloxías non matan motu propio; que isto só se fai a traverso do home -un home ás veces moi próximo a nós-. Coido que a máis aproveitable inda que desdeñada lección do 36 foi a de que os matarifes puideran encontrar tanto pretexto e heroísmo en tódalas ideoloxías. Infiltrados por todas partes, agora sabemos que eles, todos eles, constituíron sempre o único bando contrario.
Esta é a noticia.

Pero xa era sabido. Porque, sobre o cristianismo sen Cristo que cregos e laicos desvalixan, xa pende fai séculos o máis estremecedor dos esquecementos: o do non matarás.

“¡Os milleiros de séculos que fixeron falta para faguer un Home!” (“Cunetas”, Pimentel).
¡¡¡Qué despilfarro!!!

Coidado pois: discrepancias, antagonismos, ideas, si; pero sen maiores ideais. Falar desto si, pero a modiño. Porque os nosos intereses non soen coincidir coa avidez das tómbolas políticas, nin a nosa vida coa súa morte.

Que nos deixen.
Andrade, Fernando
Andrade, Fernando


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES