Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medalla de Ouro para 'Acordeonistas de Cedeira' en Praga

sábado, 09 de noviembre de 2019
No “International Accordion Days in Prague” celebrado os pasados 31-10/3-11 na capital da República Checa as dúas orquestras da Escola de Acordeóns de Cedeira acadaron cadanseu Primeiro Premio nas súas respectivas categorías, quedando por encima dos representantes de países tan sobresaíntes no eido da interpetación acordionistica como poden ser Rusia, Ucraína, Croacia, Polonia e a mesma Chequia.

Nesta ocasión participaron con unha dupla presencia: Dreaming Galician, mozos maiores de 18 anos; e Galician Voyage, intérpretes menores dos 18. Nas votacións otorgadas polos distintos membros do xurado en número de 6 e sobre un máximo total de 25 puntos cada un deles, tanto unha categoría como a outra rabuñou os magníficos díxitos de 24: falando en metálico, Medalla de Ouro os mozos de Dreaming in Galicia (Cederia!), e Medalla de Ouro os nenos de Voayage in Galician (Cedeira tamén!).
Medalla de Ouro para 'Acordeonistas de Cedeira' en Praga
Noraboa a todos estos músicos da terra e de Europa. Do mar de Cedeira e dos altos da Capelada, con “battimano di cuore” ó seu gran educador e mestre de tecla e escena Javier Díaz Carrasco. E non ven mal tampouco darlla ós socios e pais dos rapaces, que co seu único óbolo eles sós sosteñen o conto. E á seu animador e presidente José Antonio Leonardo, Cuxa.

A Asociación de Acordeóns de Cedeira (ACC), dirixida a nivel musical por Javier D. Carrasco, ten amáis de solistas, dúos, tríos e unha orquestra infantil, Dreaming Galician, e unha orquestra de adultos tipo consort, Galician Voyage.

Galician Voyage, é un conxunto musical de adultos da ACC onde o acordeón é o instrumento principal. Creouse no ano 2014 ó abeiro da súa participación no Concurso Internacional de Castelfidardo, acadando o primeiro premio na categoría Músicas do Mundo, anque xa antes realizara brillantes actuacións en dferentes escenarios.

Dreaming Galician é un grupo de 10-12 músicos menores de 18 anos creada no 2013 co motivo de participar no Certame de Acordeón de Arrasate (Euskadi) onde acadou o 1º premio correspondente ó grupo de Cámara cat. I. Na súa andaina chegou a interpretar diferentes músicas, clásica, barroca, jazz, moderna e tradicional. Actualmente preséntase con 8 acordeóns, acordina, piano, voz e percusión.

A todos eles, pois e dende aquí, amáis da lexítima merecida, a nosa debida mellorada.
Mourille Feijoo, Enrique
Mourille Feijoo, Enrique


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES