Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mato polifacético

viernes, 08 de noviembre de 2019
Mato polifacético
Acompañar a unha persoa cando recolle unha distinción é motivo de satisfacción e tamén serve de recordatorio escoitar parte do seu currículo. Esta vez tocoulle ao “crego, musicólogo e escritor” Xesús Mato.

Así o presentaron o pasado domingo, día 3, nun acto no que a Asociación Cultural Cántigas e Frores lle outorgou o Premio da Cultura Galega 2019.

Comecei a descubrir a súa variada actividade cando o substituín na Coordinación de Auxilia. Non foi fácil xa que en cada unha das súas carpetas podía aparecer unha partitura, o esquema dunha homilía, o guión dun programa de radio, a convocatoria dunha reunión... Compartimos os comezos dunha loita, eu diría que unha loita máis auténtica e menos interesada, na que o máis importante eran os pequenos logros de cada persoa con diversidade funcional que iamos descubrindo, daquela grazas aos datos que nos facilitaban os mestres e os curas. Máis tarde sería a través de reunións en Mato polifacéticodistintos concellos. Así comezou o censo de Auxilia, como nos lembraba o sábado.

Tiven a oportunidade de estar con el noutras distincións como Fillo predilecto de Paradela, a medalla Castelao, etc. Xa é un clásico que nas súas intervencións de resposta faga algunha alusión a Auxilia, quizais a parte máis humana da súa actividade polifacética. Pero tamén a música encheu unha parte importante da súa vida. El sabe que eu tamén tiven o meu contacto con ela no grupo Tangaraño, e non deixa de animarme a continuar. Quero destacar que promoveu os festivais “Operación Sol”, catalogados naqueles tempos do 74 ao 78 como os mellores no eido da música popular galega. Escenarios como o desaparecido Gran Teatro, o Pavillón Municipal de Deportes, o colexio das Xosefinas e o Auditorio Gustavo Freire, con motivo do XXV Aniversario, acolleron o máis representativo da nosa música. Era un dos medios que tiña Auxilia para recadar fondos para as Colonias de verán e, ao mesmo tempo, sensibilizar á sociedade.

Unha vez máis, Parabéns a Mato e tamén a Cántigas e Frores polos seus setenta anos de actividade!!!
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES