Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tomar medidas

jueves, 07 de noviembre de 2019
Para facer un traxe, hai que tomar medidas.
Para comprar un coche, hai que facer contas.
Para construir unha casa, hai que “tomar moitas medidas”.
Para tomar unha decisión importante, hai que “tomar medidas”
Para formar unha familia: “hai que tomar medidas”
Para educar á infancia: “hai que tomar medidas”

E para correxir os nosos erros…
¿Non haberá que “tomar medidas”?
A min paréceme que si.

Fai poucos días asistía eu a un oficio relixioso no que se confirmaban un nutrido grupo de rapacería.
Foi un acto moi emotivo ver rapaces novos e outros que xa debían ser pais de familia porque os seus pupilos acercábanse de vez en cando a dar e recibir mimos do papá antes de comenza-la Eucaristía.

Nos tempos confusos que corren hoxe en día; teñen moito mérito as familias que non queren perder os valores cristiáns e os xoves que optan por confirmarse na fe.

E non teñen menos mérito aqueles pais de familia que no seu día decidiron formar unha familia guiados pola fogosidade da xuventude e seguramente coa formación relixiosa un tanto esquecida; pero –andando o tempo, “toman medidas”- e deciden recibi-lo sacramento da Confirmación e seguramnte pasarán pola vicaría para recibir tamén o Sacramento do Matrimonio, ademais de pasar polo Rexistro Civil.
Queren poñer a súa vida en orde e fan o que deben.

Hoxe en dia está de moda vivir en parella alegando que non fan falta papeis para demostrar o cariño.
Teñen razón: para demostra-lo cariño, non; pero para outras cousas, si.

Vai pasando o tempo e adoitan dicir:
“A miña muller”
“O meu home”
“Miña sogra”
“Meu sogro”
“O meu xenro”
“A miña nora”.
Pero…
Ante a lei…¿que son?
¿Qué dereitos teñen?
Penso que son case nada e que tampouco teñen moitos dereitos.
¡Qué pena!

Moitos pensan que por ser moi novos, con boas carreiras e con boa posición social, non van ter problemas.
¿Acaso os accidentes de todo tipo, as enfermedades terminais ou as mortes súbitas son exclusivos das idades avanzadas?

Coñcecín un caso dun rapaz de trinta e pouco anos, con parella de feito e pai de familia que se encontrou cun problema de saúde que o levou á tumba en quince días.
Para que a súa parella tivera dereitos tivo que “tomar medidas” pola vía rápida.
¿Grazas a quen as tomou?
Á súa SEÑORA NAI: unha muller moi sabia e moi santa que estivo á cabeceira da cama do seu fillo e SOUBO, PUIDO E CONSEGUÍU que o seu fillo deixara todo en orde ademais de recibir os Sacramentos do Matrimonio e a Extremaunción.

¿Cantas nais hai que poidan facer tanto en tan pouco tempo polo seu fillo, pola súa nora e polo seu netiño?
Penso que moi poucas.

Non sei porque me parece que unha parte da sociedade vive de espaldas á realidade.
Seguramente foi educada baixo “unha campá de cristal” e non para enfrontarse á vida real.
E cando a “campá de cristal” se rompe…pasa como cando se rompen as cascas dos ovos: vese o que hai dentro.
Para que non se rompa esta “campá de cristal” hai que protexerse cun”casco” ben forte.

“O CASCO QUE PRECISAMOS ALGÚNS”

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas a tantas e tantas persoas que saben toma-las medidas oportunas en cada momento para conducirse ben pola vida, entre as que se atopa vostede.

E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
¡Sexa feliz!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES