Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A nosa Señora do Faro (1)

jueves, 24 de octubre de 2019
I. Trazos xeográficos
Tres unidades morfolóxicas caracterizan o relevo da comarca de Chantada. Ocupando a zona Oeste están as serras do Faro e o Farelo, que forman parte da Dorsal Meridiana, coa su dobre vertente directamente ó Atlántico ou ó río Miño. A serra do Faro acada un nivel de cumios, moi suavizados pola erosión, que sobrepasan os 1000 metros, como A nosa Señora do Faro (1)son os casos de O Marco (1036 m.), o Penas Grandes (1106 m.) e o pico de maior altura, O Faro (1187 m.). A serra formouse sobre un bloque de granito e esquistos, cortado por fallas e modelado pola erosión fluvial. Constitue unha importante barreira para a penetración dos ventos húmidos. Non embargantes, na serra os ventos son fríos e a neve cae en moitas ocasións, o que da lugar a que xurda unha paisaxe, na que os arbustos, o matorral e o monte raso son os trazos máis siñificativos. A ocupación humana é moi baixa, con núcleos rurais de pequeno tamaño e dispersos. Pola contra, as súas ladeiras son suaves e, aínda que na parte máis elevada o aproveitamento humano é mínimo, nas zonas de contacto orixínase unha paisaxe rural propia do interior galego onde alternan pequenas aldeas de edificación concentrada, zonas de cultivo, prados e zonas forestais de frondosas e piñeiros. Indudablemente, estes espazos posúen unha baixa densidade de poboación.

A devandita serra ten un aproveitamento forestal e cinexético, malia o seu potencial turístico. Tamén, a construcción de parques eólicos nestes cumios vai xerar un novo referente perceptivo.

II. Emprazamento e orixes
No cume do Faro, érguese a capela da Nosa Señora, situada a uns 1177 metros sobre o nivel do mar. O recinto sagrado pertence á parroquia de Requeixo, arciprestado de Navego, na diócese de Lugo e, en canto á administración civil, ó concello lucense de Chantada.

Dende a capela é posible disfrutar dunha impresionante panorámica, que abrangue ás montañas dos Ancares e o Courel na provincia de Lugo, as do Farelo e o Pico Sacro na de A Coruña e as de A Manzaneda na de Ourense.

Tendo en conta que nese lugar apareceron medorras, moedas romanas e petrogrifos, é moi posible que o santuario fose construido para cristianizar anteriores ritos paganos. Tamén, se dí que a devoción a introduciron os eremitas ou, logo, os cistercienses de Oseira (Ourense), moi proiectados á veneración mariana.

Asi mesmo, aínda que apareceron restos de construccións, non podemos coñecer como eran as antigas capelas, mais, segundo a tradición, (o santuario antigo) parece ser que o antigo santuario estivo ó carón da fonte.

Agora ben, o que si sabemos é que no século XIII xa había no Faro unha profunda devoción mariana. As cinco cantigas de amigo do xograr Xoán de Requeixo, que se conservan no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana e no Colocci Brancuti, reflicten este feito.

CANTIGAS DE AMIGO (Xohán de Requeixo, séc. XIII).
I
Fun eu, madre, en romaría
ao Faro co meu amigo
e veño del namorada
por canto falóu comigo,
que me xuróu que morría
por mín, tan ben me quería!

Leda veño da ermida
e desta vez leda seréi,
que faléi co meu amigo,
que me xuróu que morría
por min, tan ben me quería!

De ónde eu vin co meu amigo
vin leda, se Deus dá perdón,
que nunca lle cuido ha mentir,
por canto él me dixo entón,
que me xuróu que morría
por mín, tan ben me quería!

II
Ao Faro un día iréi,
miña nai, se vos prouguer,
rogar se veréi
meu amigo que me ben quer,
e diréille eu entón
a coita do meu corazón.

Moito per desexo eu
que viñese meu amigo
que estas penas me deu
e que falase comigo,
e diréille eu entón
a coita do meu corazón.

Si se él lembrar quixer
como fiquéi namorada
e se cedo viñer
e ao vir eu, ben tallada,
e direille eu entón
a coita do meu corazón.

III
Pois vós, filla, queredes mui gran ben
voso fillo, mándovolo ir ver,
pero facede por min unha ren
que haxa sempre que vos agradecer:
non vos entendan, por ren que sexa,
que vos eu mando ir onde vos vexa.

Mándovos eu ir ao Faro un día,
filla fremosa, facer oración,
onde fale convosco como solía,
o voso amigo e, se Deus vos perdón,
que vos entendan, por ren que sexa,
que vos eu mando ir onde vos vexa.

E pois lle vos gran ben queredes,
diréivos, filla, como fagades:
réi convosco e velo edes,
mais por canto vós comigo andades,
nos vos entendan, por ren que sexa,
que vos eu mando ir onde vos vexa.

IV
Atender quero o mandado
que me envióu meu amigo,
que virá en romaría
ao Faro e verse ha comigo.
e por en teño eu que veña;
como quer que outrén teña,
non temo eu del que non veña.

Atendelo quero eu, madre,
pois me envióu seu mandado
que me dixo o mandadeiro
que é por min coi cuitado,
e por en teño eu que veña;
como quer que outrén teña,
non temo eu del que no veña.

Atendelo quero eu, madre,
pois me el mandado envía
que se vería ver comigo
no Faro, en Santa María,
e por en teño eu que veña;
como quer que outrén teña,
non temo eu del non veña.

Que el logo a min non veña
non teño eu por ren que sexa,
nin que moito vivir poda
en lugar onde non me vexa,
e por en teño eu que veña;
como quer que outrén teña,
non temo eu del que non veña.

V
Amiga, quén hoxe houbese
mandado do meu amigo!
e lle ben dicir pudiese
viñese falar comigo
alí onde sempre quería
falar comigo e non podía.

Se de min houber mandado
non sei ren que o detenía,
amiga, polo seu grado,
que el mui cedo non veña
alí onde sempre quería
falar comigo e non podía.

Onde foi comigo outra vegada
atendelo hei, belida,
fremosa e ben tallada
no Faro, e na ermida,
alí onde sempre quería
falar comigo e non podía.

O de Requeixo é un devoto de sempre, como o é a súa amada, a quen a súa nai lle manda subir á romaría do Faro, a realizar oracións e a ver ó voso amado.

Por outra banda, a capela actual, segundo D. Vicente Fabián Nogueira –rector do santuario no último tercio do XVIII e primeiros do XIX- foi producto dun contrato que levou a cabo, no ano 1632, Alfonso Vázquez, mestre de cantería e veciño de Oseira, con D. Xerómeno de Ulloa, párroco de Santa María de Nogueira. O contrato reflectía, entre outros aspectos, que a capela debía medir catorce tercias de longo e doce de ancho, cunha bóveda de canón.

O recinto sagrado, do século XVIII, é unha construcción sinxela, que presenta sólidos muros con sillares de granito. Posúe unha planta de cruz latina cunha cuberta de madeira a dúas augas. Non ten nin torre, nin espadana. Presenta unha nave, dividida en tres tramos por catro piastras, que está sostida por unha bouta de canon reforzada por arcos fajóns e que amosa unha porta ó exterior. Na parte dianteira da nave, hai unhas capelas laterais, con bóveda de canón e, ademais, con arcos torais de medio punto.

O santuario carece de valor artístico algún, agás a fachada cun frontón recto e cunhas piastras decoradas con placas, e o retábulo neoclásico do altar maior, de tres hornacinas, construído polo entallador D. Tomás Figueroa Rodríguez, veciño de Santa María de Sabadelle.

Nesta capela gárdase unha das dúas tallas marianas que se veneran no Faro. A que está todo o ano recibe o nome de “ a nai” e a “vella”. Trátase dunha talla de madeira de medio corpo, do século XVIII. Mostra (unha) armonía de formas, e os seus brazos xiran sobre uns goznes que se abren e pechan para que se poida realizar o cambio das vestiduras. Está provista dunha perruca, dunha coroa de prata e doutras xoias; ademais, os seus ollos son de cristal.

Pola contra, a segunda representación mariana, chamada “a filla”, “a nova” e “a da oitava”, gárdase na igrexa de Requeixo todo o ano, agás o día 8 de setembro, que recibe a veneración dos romeiros que acoden ó Faro. É unha talla de madeira policromada, do século XVII, realizada en estilo barroco, ainda que con certos trazos góticos. Nunha actitude orante, amosa unha longa melena e os seus pés apoianse nunha peana de nubes con tres cabezas de querubíns alados: dúas inclinadas ós lados e outra no centro, vertical. Viste unha túnica longa, que se ciñe á gorxa e a cintura;e vai cuberta cunha capa, que se separa lateralmente do corpo. Sobre a súa cabeza, mostra unha coroa de tipo ducal con remate en cruz.

Non embargantes, o santuario non sempre estivo emprazado no cume do Faro. Sabemos, por Fabián Nogueira –rector do santuario dende o último tercio do século XVIII ata principios do XIX- que as liortas e roubos que se producían no Faro deron lugar a que no ano 1747 o bispo Ferrer e, logo, D. Francisco Izquierdo prohibísen a celebración da romaría neste lugar, sendo trasladada tanto a celebración como a festa profana á igrexa de Requeixo có conseguinte perxuicio que esta medida ocasionaba. Non embargantes, como un deses anos morrese un devoto ó caer do campanario da igrexa parroquial, o prelado lucense D. Sáenz de Buruaga dispuso que a romaría se celebrase de novo no “Faro”.

Por outra banda, nestas datas –dun xeito preferente, séculos XVIII e XIX-, houbo unha confraría adicada á Virxen do Faro, que se compoñía dun rector, cargo que sempre recaía no párroco; dun mordomo, encargado das contas que tiña que pagar a asociación pola celebración de misas e enterros de confrades, asi como recadar “as tarxas” ou cotas que debían pagar anualmente tódolos confrades; tamén, había un fiscal que tiña como misión vixiar aos confrades respecto ó cumprimento das súas obrigacións.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES