Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Necesitamos líderes

jueves, 17 de octubre de 2019
Tódolos colectivos de persoas teñen que ter alguén que saiba conducir cara a bo porto ó colectivo que representa.

OS PRIMEIROS LÍDERES ESTÁN NA PROPIA FAMILIA: OS PAPÁS E AS MAMÁS TEÑEN QUE SABER PROTEXER, EDUCAR E GUIAR Á DESCENDENCIA.

Un pai é unha nai ten que ser unha persoa exemplar para os fillos.

Cando as criaturas se crian en familias que saben liderar a barca familiar; esta leva bo camiño
Un pai non é un/ha fillo/a.
Unha nai non é un/ha fillo/a.
Hai pais e nais que se exceden en condescendencia porque pensan que as criaturas de hoxe en día xa saben de todo.
Póñense no mesmo plano pais e fillos e funden a familia: bótana a perder.

Cando queren “toma –lo control da barca”, xa chegan tarde e esta vaise á deriva.
Todos vemos que existen moitas familias nesta situación.

Non é que queiran ser malos pais; todo o contrario; pero non saben como ocupar o lugar que lles corresponde:
Un pai e unha nai teñen que ser unha autoridade para os fillos; non poden estar no mesmo plano.

OS SEGUNDOS LÍDERES DEBEN SER OS MESTRES porque son os encargados de formar en boa parte a mente das criaturas para que saiban defenderse na vida adulta.

Todos lembramos con moito cariño aqueles MESTRES CON AUTORIDADE, (non autoritarismo), que nos esixían o que correspondía en cada nivel educativo.

Grazas a eles; en boa medida; somos o que chegamos a ser na vida.

Certo que hoxe en día, o labor do PROFESORADO RESULTA UN TANTO DIFÍCIL, porque unha parte da sociedade vive confundida: moita xente confunde autoridade con autoritarismo.

¿E que diremos da autoridade en xeral?
¿……?

Os mesmos aspirantes a gobernar o país non saben que xeito darlle á cousa:
-En moitos casos o que prefiren é contentar ó maior número de votantes posibles sen ter en conta as consecuencias dos seus actos.
-Outros ven na política o seu medio de vida porque son os únicos que se poden poñer o soldo a eles mesmos.
-Outros teñen capacidade e boa vontade; pero non son capaces de alcanzar maioría absoluta.

Non sei se o líder nace ou se fai; ou ámbalas dúas cousas.
O que si sei é que vivimos tempos difíciles, moi difíciles…
Co paso do tempo iremos madurando para que “as augas volvan ós seus cauces”
Así por tempo indefinido, non pode ser.

A min paréceme que os españois temos que recupera-la normalidade
“RECUPERA-LA NORMALIDADE”
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas polas veces que puido “manexar adecuadamente o timón da súa barca”.
E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES