Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'O auto das ánimas'

martes, 08 de octubre de 2019
Este ano, o AGADIC acaba de subvencionar “O auto das ánimas”, unha longametraxe que desenvolve a súa ambientación no mundo dos augardenteiros itinerantes en Galicia.

“O auto das ánimas” é unha longametraxe de carácter documental producido por Diana Toucedo films. O autor de proxecto, Pablo Lago Dantas, somérxenos no misticismo e a maxia do mundo dun dos últimos augardenteiros itinerantes que quedan en Galicia.

O filme segue a estancia en diferentes localidades das rías baixas dun dos últimos míticos augardenteiros de tradición secular da zona de Monforte de Lemos.
'O auto das ánimas'
A socialización veciñal que envolve as adegas deste augardenteiro nas diferentes casas dos veciños, remóntanos a unha época onde as relacións humanas impoñíanse ás mercantilistas. Por medio de esta ambientación, o autor reflexiona sobre o choque xeracional que supón a forma de vida dos seus pais e avós con respecto á súa propia, intentando superar estas diferencias a través dunha serie de cuestións de identidade.

A longametraxe filmarase na próxima época de elaboración da augardente, entre os meses de outubro e novembro, e as súas localizacións principais serán en Redondela, Arcade e Vilanova de Arousa. Con este proxecto, Pablo Lago estréase no campo da dirección, despois de desenvolver unha longa carreira en Barcelona como director de fotografía.
Lago Dantas, Pablo
Lago Dantas, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES