Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que xeito é ese?

jueves, 03 de octubre de 2019
Xa temos en marcha o curso escolar 2019-20.
A unhas criaturas cóstalles máis adaptarse ó novo ritmo de vida que a outras.
Xa se sabe: todos somos diferentes.

Somos diferentes en moitos aspectos; un deles é o factor educaivo das familias.
Ninguén pon en dúbida que as familias teñen un peso moi importante na eduación da infancia.

Existen familias modélicas que levan a educación dos seus fillos como algo prioritario: seguen puntualmente os seus pasos e vanlles marcando o camiño sen permitir deslices.

Tamén en tempo de vacacións escolares seguen unhas pautas de conducta para que as criaturas sexan felices sen perder os bos hábitos: mantendo os horarios de descanso, facendo actividades lúdicas educativas, controlando as compañías, dedicándolles tempo…

PORQUE SON CONSCIENTES QUE NO TOCANTE Á EDUCACIÓN DOS FILLOS: NON SE PODEN COLLER VACACIÓNS.

Esas familias destacan por onde queira que vaian: na escola, na igrexa, na rúa e na sociedade en xeral.

As estadísticas din que as persoas descendentes deste tipo de familias son correctas no trato, aplicadas nos estudios, e chegan a ocupar postos de responsabilidade na sociedade…

Son unha bendición para elas mesmas, para os demais e para o avance dun país.
Xeralmente son familias numerosas, aínda que tamén as hai que non o son.

Esas criaturiñas son a admiración de moitas persoas.
Non hai moito tempo estaba eu nunha igrexa esperando que empezara a Misa.
Entrou a continuación un matrimonio xove con seis ou sete fillos:
-A maior non chegaba ós dez anos.
-O máis pequecho: un bebé de poucos meses.
Os maiores sentáronse no primeiro banco.
Seguiron a Misa contestando correctamente en todo momento.

No segundo banco estaba o xove papá de trinta e poucos anos cos máis pequenos que gardaban silencio absoluto e observaban ós maiores.

O pai tiña no colo a un dun aniño que xogaba co reloxio que levaba o seu papá na muñeca, ó tempo que miraba ó seu proxenitor cunha tenrura indescriptible de vez en cando.

Cerca da porta da igrexa estaba a mamá co benxamín dormido plácidamente.

Unha avoa que estaba ó meu carón dicíame ó remate da Misa:
-¿Cómo o fan?
“Se fora a miña neta de catro anos non pararía quieta nin un segundo”.
-¿Cómo pode ser que esas criaturas teñen un comportamento tan correcto?

Respondinlle:
“A EDUCACIÓN QUE RECIBEN DESDE QUE NACEN”

Certamente: a educación que recibimos fai que o noso comportamento sexa dunha determinada maneira.

Tamén existe outro tipo de familias que non saben educar como o fai a anterior porque non saben tomar a medidas necesarias desde o primeiro momento.
Parece raro, pero é verídico.
Son familias que gastan canto teñen para que os seus nenos:
-Teñan cantas máis cousas mellor.
-Poñen ó seu alcance todo tipo de información aínda que non estea indicada para a súa idade.
-Queren que estean á última… (No que non deben, claro…)

Casos así, tamén se dan.

A min cáeme a alma ó chan cando vexo:
-Nenos de seis anos en moto (de verdade) pola vía pública.
-Outros que con cinco anos xa van conducindo o coche co seu papá ó lado.
-Outros que pasan o día enganchados ás “maquiniitas” en vez de xogar ó aire libre, ler, estudiar…
-Outros, de tenra idade, que non deixan o móbil nin para dormir.
-Outros que “conviven” co adulterio dos seus proxenitores.
-Outros que non ceden o asento no autobús a persoas anciás con mobilidade reducida…
-Outros…

¿QUÉ FUTURO ESTAMOS CONSTRUÍNDO?

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas a tantas e tantas familias que teñen como prioridade educar correctamente ós seus fillos.

E moitas grazasa vostede por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES