Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cultura do liño no Concello de Vilalba, Lugo (7)

jueves, 26 de septiembre de 2019
3. O Barcal, A espalladeira e a Urdideira
O que enredou a meada,
que saiba desénredala


3.1. O Barcal
Trátase dun trebello de madeira, de estructura poliédrica e cuadragular, distribuído en doce partes nas que se colocan “os novelos”.

3.2. A Espalladeira
É un artefacto de madeira, de estructura cuadrangular, que vai provisto dun mango e de doce buratos, colocados en dúas series. A súa función é ordenar os fíos dos novelos.

3.3. A Urdideira
A cultura do liño no Concello de Vilalba, Lugo (7)
A tea mal tecida,
ó lavala queda máis encollida.


Consiste nun instrumento de madeira, que pode ser fixo ou de parede; tamén de aspa ou xiratorio arredor dun eixe suspendido do teito. A máis común é a plana ou fixa, que esta composta duns listóns de madeira paralelos e verticais (1,90-2 metros), unidos por unha trabe de madeira duns 2,50 metros; cada un dos listóns verticais posuen vinte tornos, e a trabe tres na parte central e outros dous no flanco da dereita. A de “aspa ou xiratoria”, propia da Terra Cha e doutras bisbarras, esta formada de varios listóns de madeira, colocados vertical e horizontalmente; éstes están unidos entre si e xiran arredor dun eixe suspendido do teito.

3.4. Funcionalidad e uso
Nun primeiro momento hai que dispoñer os doce novelos nun caixón ou caixa de madera (“carcel ou barcal”). Logo compre coller o cabo do fío (“costal”) de cada novelo e pasalo polo correspondiente burato da espalladeira. Ao rematar a tarefa enlazanse “os cabo dos fíos” en dúas ordes de seis, seis arriba e seis abaixo, que tamén se atan entre si. O fío que resulta de tal unión recibe o nome de “viñón ou cadillo”. A continuación o extremo do “viñón” vaise introducindo coa axuda da “espalladeira” ao longo dos tornos da urdideira, cruzando os fíos e facendo cruces ata xuntar os fíos precisos para comezaer a tecer. Agora ben como o ancho corrente dos lenzos adoita levar uns 264 fíos, é mester repetir a operación na urdideira unhas 22 veces.

Informacións de fiadeiras de S. Bartolomé de Ínsua. Vilalba. Lugo
“Acabo de amañar os fíos para preparar unha urdime. Metín doce novelos no caixón; metinnos pola espadela (fíos), seis por un lado, seis por outro; e ahora esto vouno pasar pola urdideira. Ben, aquí temos unha urdime acabada de sacar da urdideira. Fixemos unha restra e vamos collendoa pouco a pouco a restra pra que non se enrolle. Logo nunha das partes están as cruces, as dúas varas de cruces, que son dúas varillas planas e levamolas ata o tear para logo alí embeñar; as cruces teñen a finalidade de que non se enreden os fíos e que poidan ir todos a un” (1).

Informacións de fiadeiras de Parada de Outeiro. Limia. Ourense
A cultura do liño no Concello de Vilalba, Lugo (7)“Colocados os novelos no caixón e coa finalidade de que non se enmarañen, faise pasar cada fío polo correspondente burato da tapa e da espaladeira. Recorrendo con eles o urdidor, irase facendo a urdime, que non é máis que un número de fíos dunha lonxitude deteminada, que colocada posteriormente no tear será a alma do tecido. Os fíos da urdime quedaran ordenados mediante dúas cruces, unha en cada un dos seus extremos. Nunha das cruces, os fíos separanse de un en un; a outrad realízase con todos os fíos xuntos, o que se denomina “cadillos”, que é onde se vai levando a conta o número de fíos. Atadas as cruces, retírase a urdime, facendose con ela un trenzado” (2).

NOTAS:
1. CABREIROS (XERMADE). Asociación de Veciños. Video Youtube. “ O Lino, arte e cultura”. Fiadeiras de San Bartolomé de Insua.
2. MONTENEGRO, Victoria.: O Liño. Video de “Youtube”. Parada de Outeiro. Limia (Ourense).
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES